Home Lugo O director xeral de Xustiza intervén nas XXIII Xornadas dos servizos de...

O director xeral de Xustiza intervén nas XXIII Xornadas dos servizos de orientación xurídica penal que celebra en Lugo o Consello Xeral da Avogacía Española

- Anuncio -

O DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA INTERVÉN NAS XXIII XORNADAS DOS SERVIZOS DE ORIENTACIÓN XURÍDICA PENAL QUE CELEBRA EN LUGO O CONSELLO XERAL DA AVOGACÍA ESPAÑOLA

― Juan José Martín participou co relatorio “Traspaso e asunción de competencias sanitarias en materia penal”


― No foro abordáronse diferentes cuestións xurídicas relacionadas coa política penal

O director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Juan José Martín, participou hoxe en Lugo nas XXIII Xornadas dos servizos de orientación xurídica penal que celebra o Consello Xeral da Avogacía Española para abordar diferentes cuestións xurídicas relacionadas coa política penal.

Juan José Martín interveu co relatorio “Traspaso e asunción de competencias sanitarias en materia penal”, no que fixo un percorrido sobre as competencias autonómicas no eido penal e sobre as necesidades de acompañar as posibles transferencias coas partidas orzamentarias pertinentes, “pensando sempre no ben dos pacientes reclusos e dos profesionais que os atenden”, indicou o director xeral de Xustiza.

Nas xornadas abordáronse, entre outras cuestións, o protocolo de ingreso directo nos centros de inserción social, a situación das persoas presas con discapacidade ou a situación actual e perspectivas da política penal, ademais do traspaso e asunción, por parte das comunidades autónomas, das competencias sanitarias en materia penal, apartado no que interveu o director xeral de Xustiza.

Relacionadas

A Xunta convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública cursos para o...

0
― Cervo e Baiona acollerán dúas edicións válidas para a inscrición no ‘Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia’ ―...

A Xunta publica a orde reguladora da próxima tempada de caza, que se estenderá...

0
— Serán días hábiles os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico — No caso do xabaril, o período xeral para exercer a...

A Xunta abre a nova convocatoria de axudas de 2,5M€ para a creación de...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destinada a pequenas, medianas e grandes empresas para as que o prazo comeza mañá...

Medio centenar de administrativos dos Centros de Saúde da Área Sanitaria de Pontevedra e...

0
― Esta formación presencial, celebrada esta mañá no salón de actos do Hospital Provincial, é froito da colaboración entre a Área Sanitaria pontevedresa e...

Rueda destaca a excelencia e compromiso dos profesionais do sector turístico que contribúen a...

0
Salienta que Galicia pechou 2023 como primeiro destino do norte peninsular No que vai de ano, a comunidade rexistrou máis de 412.000 turistas aloxados,...

Rueda destaca o papel dos empresarios á hora de facer avanzar Galicia e convertela...

0
― Resalta a posta en marcha cunha Oficina de Coordinación Económica para avaliar os grandes proxectos e xestionar os fondos europeos ― Salienta a aposta...

Publicacións Relacionadas