Home Pontevedra O Salnés O Hospital do Salnés e as forzas e corpos de seguridade do...

O Hospital do Salnés e as forzas e corpos de seguridade do Estado amplían a súa colaboración conxunta durante o verán e nas vindeiras Festas en Vilagarcía de Arousa

- Anuncio -

― Coordinadores sanitarios do distrito de O Salnés mantiveron hoxe no hospital arousán unha xuntanza técnica de coordinación con responsables do Corpo Nacional de Policía na comarca para ampliar a dispoñibilidade e colaboración conxunta durante a presente tempada e, particularmente, durante a vindeira Festa da Auga


― Espuxéronse diversas liñas de actuación conxunta ante agresións a persoal sanitario, establecendo os dispositivos necesarios e reforzando a coordinación interinstitucional

O Hospital do Salnés acolleu esta mañá unha xuntanza técnica entre coordinadores sanitarios do distrito de O Salnés con Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para ampliar a dispoñibilidade e colaboración conxunta cara a garantir a seguridade e o mantemento da saúde pública en Vilagarcía de Arousa durante o presente período estival e, particularmente, durante a vindeira Festa da Auga.

A directora do Distrito sanitario de O Salnés, María Gómez Reino, acompañada da subdirectora de Enfermaría do Hospital do Salnés, Silvia Amoedo Casqueiro, o xefe de Servizo de Urxencias, Manuel Vázquez Lima e a coordinadora de Enfermaría deste servizo no hospital arousán, Concepción Abellás Álvarez, mantiveron esta xuntanza técnica de coordinación con responsables do Corpo Nacional de Policía na comarca arousá, na que tamén se analizaron protocolos de actuación conxunta ante agresións ao persoal sanitario, situacións coma recentemente se produxeron no centro hospitalario de Ande-Rubiáns.

Neste senso, lembráronse as liñas xerais do vixente protocolo sobre medidas policiais frente a agresións a profesionais da saúde, quedando patente de novo a consideración de autoridade pública dos profesionais que conforman o colectivo sanitario. Dito protocolo tamén establece mecanismos e instrumentos tanto preventivos coma de coordinación permanente entre os expertos policiais e as autoridades sanitarias.

Dispositivos necesarios e coordinación interinstitucional
Durante a reunión de hoxe no Hospital do Salnés, os responsables sanitarios espuxeron aos efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado diversas liñas de actuación conxunta ante este tipo de agresións, xunto coa total disposición da Àrea Sanitaria para, de xeito coordinado co Corpo Nacional de Policía e os servizos municipais, establecer os dispositivos necesarios e o reforzo da coordinación interinstitucional durante os actos de celebración das vindeiras festas en Vilagarcía de Arousa.

Relacionadas

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

Xa está aberta na praza da Inmaculada a “Casa dos Libros Orfos”

0
Dende onte, 23 de abril, Día do Libro, está en funcionamento, nun dos quioscos da céntrica Praza da Inmaculada,  a “Casa dos libros orfos”,...

O deputado Javier Tourís recibe na Finca Areeiro ao colectivo de Mulleres Rurais de...

0
O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Javier Tourís, recibiu hoxe ás mulleres da Asociación de Mulleres Rurais de Salceda de Caselas que...

Unha ruta ornitolóxica abre este domingo os percorridos pola natureza en Tui

0
É preciso inscribirse na Oficina de Turismo. Ofértanse 25 prazas. Andoriñas, rulas, bubelas, paporrubios, xílgaros, miñatos, ou garzas serán algunha das aves que se poderán...

A Deputación envía ao Concello de Pazos de Borbén o convenio para a mellora...

0
O goberno provincial, a través do servizo de Infraestruturas, leva meses traballando para conseguir a dispoñibilidade dos terreos necesaria para executar a ampliación da...

Publicacións Relacionadas