O IES Aquis Celenis de Caldas de Reis gaña a Fase Galega do Certame Cansat da Axencia Especial Europea

Redacción
Lectura mínima de 6
  • Un total de 24 centros de toda Galicia participan na xornada de lanzamento dos satélites do alumnado en Cerceda, na que se entregaron nove premios
  • Equipos de San Sadurniño, Ourense, Vigo, Ortigueira, A Coruña, Sada, A Rúa e Santiago de Compostela logran un galardón nas distintas categorías
  • O obxectivo do concurso é estimular a aprendizaxe práctica e o traballo en equipo, ao tempo que o alumnado coñece a metodoloxía de investigación científica

O Instituto Aquis Celenis, de Caldas de Reis, proclamouse hoxe ganador da fase autonómica do certame CanSat organizado pola Axencia Espacial Europea e dirixido a estudantes de 14 a 19 anos. Será o representante de Galicia na fase nacional do concurso que se celebrará no mes de maio. Na xornada de hoxe, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP organiza o lanzamento dos satélites elaborados polo alumnado dos centros educativos da nosa Comunidade.

Nesta final, celebrada no aeródromo As Gaivotas, en Cerceda, e á que asistiu o secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila, tomaron parte un total de 12 equipos de competición. O xurado comprobou os pesos, medidas, baterías e frecuencias dos aparellos e seleccionou os seis mellores proxectos, que foron lanzados no foguete.

Posteriormente, o alumnado dos seis equipos finais defenderon os seus proxectos diante do xurado que, analizadas a súas intervencións, os satélites deseñados e as medicións que se realizaron con eles, outorgou os seguintes galardóns:

PremioConcelloCentroProxecto
Mellor proxecto CanSatCaldas de Reis IES Aquis CelenisAquisat V 2
Mellor logro técnicoSan SadurniñoCPI de San SadurniñoNouscan 12
Misión científica máis destacadaOurenseIES Universidade LaboralBarreiros
Equipo máis profesionalVigoCPR MontecasteloMontecasteloSAT6
Premio honoríficoOrtigueiraIES de OrtigueiraChatarrin
A CoruñaCPR SalesianoSalesCansat
Mellor proxecto CanSatSadaCEIP O MosteirónOs mosteiriños creativos
Mellor pósterA RúaCEIP Manuel RespinoGalSat
Premio honoríficoSantiago de CompostelaCPR Vilas AlboradaMicroAlborada

En canto aos 16 equipos que participaban só en modo demostración, ao longo da xornada tiveron a oportunidade de participar en retos cognitivos así como nunha simulación de adestramento para astronautas.

Como novidade, este ano contouse cun foguete que elevou os satélites dos equipos finalistas ata unha altura de case que 1 km. Ademais, en lugar de contar con drons de pequeno formato, capaces de lanzar un máximo de catro Cansats á vez, utilizouse un dron de gran formato para o resto de participantes.

Proxecto espacial

Un CanSat é unha simulación dun satélite integrada dentro do volume e peso dunha lata de refrescos. De feito, o termo procede das palabras en inglés can (lata) e sat (satélite). O desafío para o alumnado consiste en introducir nun espazo reducido os principais elementos dun satélite real, como a alimentación eléctrica, os sensores e o sistema de comunicacións. A continuación, lánzase o CanSat ou déixase caer desde unha plataforma mediante un dron, un globo cativo, un foguete ou calquera outro método. O experimento científico consiste en lograr unha aterraxe sen danos e a análise dos datos durante o descenso.

Durante os meses de preparación, os estudantes, co apoio dos seus profesores, desenvolven as súas iniciativas seguindo os procedementos dun proxecto espacial. Para iso, seleccionan os obxectivos da misión, definen os requisitos técnicos necesarios para logralos, deseñan o hardware e o software e o sistema de telecomunicacións desde terra. Antes de chegar á xornada de competición realizan varias probas e preparan a presentación do proxecto e a documentación.

O obxectivo de CanSat é favorecer a aprendizaxe práctica do alumnado e o seu traballo en equipo, ao tempo que se familiariza coa metodoloxía de investigación científica e adquire competencias en tecnoloxía, matemáticas, física e programación, pero tamén en arte e creatividade.

Centros participantes na xornada

ConcelloCentroProxectoModalidade
OrtigueiraIES de OrtigueiraChatarrinCompetición
Caldas de ReisIES Aquis CelenisAquisat V 2
OurenseIES Universidade LaboralTeam Wason 2
OurenseIES Universidade LaboralLos Tiesos
OurenseIES Universidade LaboralBarreiros
VigoCPR MontecasteloMontecasteloSAT6
RedondelaIES MendiñoCos pes na terra
A CoruñaCPR SalesianoSalesCansat
A CoruñaCPR Compañía de MaríaPlatoGal_1
OurenseCPR MaristasMarsatt2025A/
OurenseCPR MaristasMarsat2025B И
San SadurniñoCPI de San SadurniñoNouscan 12
OrtigueiraIES de OrtigueiraEstrellitasDemostración
A RúaCEIP Manuel RespinoGalSat
A CoruñaCEEPR Nosa Señora De Lourdes – AspronagaFreakyspace
FerrolIES Ricardo Carvalho CaleroC3club
OurenseIES Xesús Ferro CouseloAltairis
CambreCEIP PortofaroPoleiros Portofaro
SadaCEIP O MosteirónOs mosteiriños creativos
Santiago de CompostelaCPR Vilas AlboradaMicroAlborada
MoañaCEIP de QuintelaQuintela en órbita
A CoruñaCEIP Curros EnríquezTecnoquoakkas
Santiago de CompostelaCEIP Santiago ApóstoloSantiago Apóstolo
CamariñasIES Pedra da AguiaAguiaSat
CedeiraIES Punta CandieiraOs Planetarios
CercedaCEIP O CruceAs programadoras
VerínIES Xesús Taboada ChiviteChiviteiros
Sarria CEIP Frei Luís de GranadaLuisiños
Comparte este artigo