HomeXunta de GaliciaO Outono Gastronómico en turismo de rural de Galicia inicia esta edición...

O Outono Gastronómico en turismo de rural de Galicia inicia esta edición animando a participar nos establecementos dos concellos afectados polo lume

- Anuncio -spot_img
  • Xosé Merelles animou a visitar a oferta de turismo rural especialmente das zonas que sufriron a vaga de incendios “para contribuír a recuperar a actividade económica”
  • O Outono Gastronómico pódese desfrutar desde este venres 19 de setembro a ata o 21 de decembro deste ano
  • Desde 2007 a 2024, o programa xerou máis de 6,6M€ de ingresos no sector e participaron nel máis de 100.000 persoas

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles presentou unha nova edición do Outono Gastronómico que este ano alcanza a 19ª entrega dunha proposta que pretende “dinamizar o turismo rural combinado a gastronomía coa oferta de casas rurais en meses fóra de tempada alta” e animou a que este ano os usuarios opten sobre todo por establecementos das zonas do rural galego que resultaron afectadas polo lume este verán. Xosé Merelles visitou o Retiro do Conde, en Monterrei, un dos establecementos participantes no programa.

Nesta edición participan 78 establecementos de toda Galicia, dos cales 21 están na provincia da Coruña; 22 en Lugo; 16 en Ourense; e 19 en Pontevedra e de todos eles, 11 en concellos afectados polos incendios este verán, o que supón o 14% do total. Neste sentido, Xosé Merelles expresou o seu desexo de que o público en xeral se solidarice coas zonas afectadas polo lume este verán e opten por establecementos situados nestes concellos. “É unha boa fórmula para axudar a recuperar a actividade económica nesta contorna, ao tempo que permite coñecer tamén a oferta global de turismo rural da comunidade”, dixo.

O director de Turismo de Galicia salientou o éxito da iniciativa que ao longo das 18 edicións anteriores logrou xerar no sector 6,6M€ grazas á participación de máis de 100.000 persoas. “Isto foi ,en gran medida, a consecuencia da promoción que fixemos ao longo de todo este tempo desde Turismo de Galicia dun produto que marida a proposta de turismo rural e  gastronomía que se pode desfrutar nunha época do ano fóra de tempada”, subliñou.

Propostas variadas e competitivas

Un ano máis, o participante neste programa, impulsado pola Xunta en colaboración coa rede de establecementos rurais da comunidade poderá elixir xa desde este venres, 19 de setembro, ata o 21 de decembro, un menú Outono gastronómico, sen aloxamento; dun paquete Outono gastronómico, para estadías dunha noite; e dunha fin de Semana Outono gastronómico con dúas noites e coa variante de Fin de Semana Familiar Outono gastronómico con estancias de dúas noites de un ou dous adultos con un ou dous nen@s.

Ademais, un total de 26 establecementos ofertan o Outono Plus, cun programa de actividades complementarias como paseos a cabalo, descenso en kayak, sendeirismo, visitas a adegas con degustación. Todas estas propostas serán a prezos competitivos.

Turismo de Galicia desenvolve tamén unha intensa promoción deste programa coa participación de 10 influencers que contribúen a difundir nas redes sociais as características deste programa. Ademais, tamén se levan a cabo concursos as propias redes sociais de Turismo de Galicia e edítanse 9.900 guías en castelán e galego que se distribúen nos establecementos participantes e nas oficinas de turismo e outros espazos públicos.

A campaña complétase cunha promoción en buses urbanos e metropolitanos de varias cidades e tamén con segways que  percorreron este mes de setembro as sete principais cidades. A guía do programa Outono Gastronómico tamén se pode consultar en.

Publicacións Relacionadas