Home Xunta de Galicia O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares beneficia a 820 centros este...

O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares beneficia a 820 centros este curso

- Anuncio -

— A Xunta destina 1,5M€ a colexios e institutos para renovar fondos e espazos de lectura

— A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, gaba a importancia destes espazos na contribución á mellora da calidade educativa

— A representante da Xunta abre as Xornadas de Bibliotecas Escolares que congregan un milleiro de docentes en Santiago para intercambiar boas prácticas neste eido

O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe) volve medrar este curso ata acadar os 820 centros educativos beneficiados, 28 deles de nova incorporación, tal e como avanzou esta mañá a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, con motivo da apertura da Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia que congrega en Santiago de Compostela a un milleiro de docentes para debater e intercambiar experiencias neste eido.

A representante da Consellería de Educación destacou o “importante” apoio da Xunta aos colexios e institutos que participan no programa, que reciben un total de 1,5M€ para a mellora destes espazos educativos que, en palabras de Judith Fernández, “exercen un papel fundamental na mellora das competencias académicas dos rapaces ao tempo que contribúen a reforzar a calidade do conxunto do sistema”.

Tamén salientou a aposta polo rural nesta convocatoria (coa mesma puntuación, prioriza as bibliotecas situadas en concellos de menor poboación) e pola adquisición de materiais en língua galega (como mínimo o 50% dos fondos mercados deben estar en galego) e dos destinados á atención da diversidade.

O obxectivo desta iniciativa é, por tanto, continuar mellorando estes espazos, a través da renovación dos seus recursos, para impulsar a comprensión lectora, o uso das bibliotecas como laboratorios creativos de aprendizaxe ou o estímulo do hábito lector entre toda a comunidade educativa.

Centros de nova incorporación
Así pois, grazas ao financiamento da Consellería, os 28 centros de nova incorporación (a razón de 15 na provincia da Coruña, catro na de Lugo, dous na de Ourense e sete na de Pontevedra), poderán actualizar os fondos documentais da súa biblioteca escolar, renovar o mobiliario e adquirir novo equipamento que consideren necesario.

CentroConcello
CEIP Plurilingüe de PrácticasA Coruña
CIFP Paseo das PontesA Coruña
CEIP de GalánArteixo
CEIP Plurilingüe de AbanqueiroBoiro
CEIP Gonzalo Torrente BallesterCambre
CEIP FogarCarballo
CEIP Plurilingüe Celso Emilio FerreiroCerceda
IES CanidoFerrol
IES Ramón CaamañoMuxía
CEIP Ramón María del Valle-InclánOleiros
CEIP Luís SeoaneOleiros
CEIP Eduardo PondalPonteceso
IES BreamoPontedeume
CEIP Plurilingüe XuñoPorto do Son
EOI de Santiago de CompostelaSantiago de Compostela
CEIP Plurilingüe de Antas de UllaAntas de Ulla
CEIP Plurilingüe Concepción López ReyBaleira
CEE Santa MaríaLugo
IES do CamiñoPalas de Rei
CEIP Virxe de CovadongaOurense
CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez FranqueiraSan Amaro
IES do BarralPonteareas
CIFP A XunqueiraPontevedra
CEIP Plurilingüe de CaldelasTui
CRA de ValgaValga
EEI Rúa AragónVigo
CEIP de Fonte EscuraVigo
CEIP Plurilingüe Nosa Señora da PiedadeVila de Cruces

No caso dos centros que renovan o programa, reciben axudas para fondos, para renovar mobiliario e outros equipamentos, ou para gastos de funcionamento, en función do seu ano de incorporación ao programa. Ademais, todos eles reciben formación específica, así como asesoramento a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería.

Encontro Bibliotecas Escolares

Precisamente co obxectivo de seguir afondando na mellora dos espazos de lectura dos centros e incentivando a súa constante actualización, un milleiro de docentes danse cita hoxe nun encontro de bibliotecas escolares con distintas sesións e obradoiros ao longo de toda a xornada que servirán para analizar o papel das bibliotecas, afondar en novos programas de mellora e innovación e no intercambio de experiencias e boas prácticas.

Entre os relatores participantes cómpre destacar a presenza do pintor, ilustrador, guionista e director de animación Miguelanxo Prado, os ilustradores Xosé Antón Villaverde e Jorge Campos, a bibliotecaria Sira González e os investigadores Daniel Cassany,  Xabier Martínez e Xulia Pisón.

Relacionadas

O mozo de Sada Javier Vázquez Gundín é o gañador en danza moderna do...

0
Juan Rodríguez Bas e Noelia Andrés Oliveira (Gondomar) fixéronse co segundo posto, e o terceiro lugar foi compartido pola parella Carlota Paz Álvarez e...

A Xunta reivindica o impacto turístico dos concertos que apoia con case 2 millóns...

0
— O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, responde no Parlamento de Galicia unha pregunta sobre o patrocinio do concerto de Muse na...

A Xunta avoga por seguir reforzando a alianza coas entidades do ámbito da discapacidade

0
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe as instalacións da Fundación ENKI e de Asperga A directora xeral de Persoas con...

A Xunta concede dúas axudas que suman 100.000 euros ao concello de Boimorto para...

0
Suprimiranse as barreiras arquitectónicas na rúa Vilanova e comprarase un vehículo para os servizos sociais municipais A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García,...

A Xunta adxudica por máis de 1,8 M € as obras de remodelación da...

0
― Intervirase na zona da ponte, onde o estreitamento do leito do río e a súa escasa capacidade de desaugue fan que sexa unha...

Diego Calvo asistiu ao partido da segunda eliminatoria da Copa do Rei entre o...

0
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda,...

Publicacións Relacionadas