HomeXunta de GaliciaO Plan de Sostibilidade Turística "Mar de Santiago" converte a mina de...

O Plan de Sostibilidade Turística “Mar de Santiago” converte a mina de arxila de Porto Piñeiro nun espazo para o uso e disfrute de visitantes e cidadanía

- Anuncio -spot_img

Xosé Merelles visitou o espazo onde se acometerán as obras que forman parte do Plan apoiado por Turismo de Galicia que conta cun orzamento global de 1,7M€ financiados con fondos Next Generation

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou hoxe o espazo da mina de arxila de Porto Piñeiro, en Valga, onde se acometerán obras de restauración ambiental para o seu aproveitamento turístico e tamén para o desfrute da cidadanía. Estas actuacións englóbanse dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino -PSTD- Mar de Santiago.

Este PSTD, dotado con 1,7M€ de orzamento, púxose en marcha en xullo do pasado ano, e  a partir de outubro o concello de Valga asumiu o liderado do mesmo. Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a importancia de que este xeodestino, integrado polos concellos de Valga, Catoira, Pontecesures e Vilanova de Arousa, se beneficie destes fondos europeos a través deste plan “que permitirá poñer en valor e incrementar os recursos turísticos da zona con actuacións tamén no resto de municipios”.

Concretamente, na actuación que se prevé en Valga, entre as principais liñas está a restauración da mina de Porto Piñeiro para o seu aproveitamento multidimensional no que se refire á sostibilidade, coa recuperación de zonas degradadas e de hábitats e a adecuación de sendas, e tamén no relativo á mellora da eficiencia enerxética. Estas accións concentran unha inversión de 550.000€.  O conxunto de actuacións deberán estar finalizadas antes de maio de 2026.

O PSTD Mar de Santiago forma parte, á súa vez, do Plan territorial de sustentabilidade turística de vilas termais e cascos históricos que é o terceiro dos Plans Territoriais impulsados pola Xunta de Galicia financiados con Fondos Next Generation, a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. En total, a Xunta destina 23,23M€ a este plan no seu conxunto, que ten como misión promocionar Galicia como destino termal e histórico-cultural de primeiro nivel.

Máis recursos turísticos na provincia

O director de Turismo de Galicia destacou que “as actuacións que se realizarán en Valga e no resto de concellos sumarán atractivos turísticos a esta provincia e contribuirán a consolidar unha oferta de recursos que xa están atraendo visitantes”.

Así, segundo destacou Pontevedra experimentou un incremento de turistas no primeiro semestre do ano, con 703.084 persoas visitando a Provincia, un 4,1% máis que en 2024. Fixéronse en total 1,25M de pernoctacións. Os datos suman nun contexto positivo para o turismo en Galicia, que entre xaneiro e xuño recibiu 2,9M de visitas, un 4,5% máis, cunha cifra histórica de pernoctacións na comunidade, 4,9M. Mellora significativamente a rendibilidade, cun crecemento do 8,7%.

Publicacións Relacionadas