Home A Coruña O Plan Director do Parque do Pasatempo propón incorporar novos usos ao...

O Plan Director do Parque do Pasatempo propón incorporar novos usos ao recinto compatibles cos seus valores patrimoniais

- Anuncio -

— O documento afonda no coñecemento do Parque, nas súas condicións actuais e define as liñas de actuación futuras para a súa conservación

— A directora de Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez Ínsua, salienta que se enmarca no firme compromiso do Goberno galego con este Parque despois de ter impulsado a súa declaración BIC para garantir a súa posta en valor

— A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, lembrou que a Xunta investirá más de 1,5 millóns de euros neste espazo a través do Plan Xacobeo Next Generation

A Xunta presentou hoxe o Plan director do Parque do Pasatempo, a folla de ruta para o mantemento e conservación preventiva deste espazo que, entre as súas propostas, incorpora novos usos compatibles cos seus valores culturais.

No acto participaron os directores de Turismo, Cultura e Patrimonio Cultural, Nava Castro, Anxo M. Lorenzo e Mª Carmen Martínez Insua, xunto ao delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. Como indicou a directora xeral de Patrimonio Cultural este documento é froito do traballo emprendido nos últimos anos por parte do Goberno autonómico para a posta en valor do Parque do Pasatempo e que se iniciou coa declaración BIC deste espazo aprobada no ano 2020.

“Para seguir dando pasos na súa recuperación, o ano pasado o Goberno autonómico contratou a redacción desta folla de ruta para afondar no seu coñecemento, nas súas condicións actuais e definir as liñas de actuación futuras para a súa conservación”, indicou a representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades. Trátase dun documento que agora se traballará co Concello de Betanzos para o que se proporá un calendario de reunións.

Pola súa parte, a directora de Turismo de Galicia, referiuse ao investimento de 1,5 millóns de euros no desenvolvemento deste plan, dentro das achegas do Plan Xacobeo Next Generation, para o que se desenvolverá tamén un convenio de colaboración co Concello de Betanzos.


Planificación global
O equipo técnico encargado da elaboración do Plan realizou un intenso proceso de investigación, inventario e análise de patoloxías, apoiado en probas para o estudo dos materiais, dos sistemas construtivos. Como resultado, o documento ofrece unha planificación global que ten en conta os elementos urbanísticos e arquitectónicos de Betanzos, entre outros aspectos, e conta con varias liñas de actuación. Entre outras cuestións, inclúe unha proposta de plan de mantemento e conservación preventiva con actividades, actuacións e intervencións materiais periódicas que se consideran necesarias para garantir o mantemento e conservación do Parque.

O documento tamén pon o foco nos usos do Parque e define algunhas actividades futuras para o monumento sempre baixo criterios de compatibilidade cos seus valores culturais, incluíndo a organización de obradoiros e actividades que permitise darlle usos educativos, formativos e de investigación, entre outros.

O novo plan director ten, ademais, cun apartado de actuación en restauración e recuperación, accesos e accesibilidade, xardinería e paisaxe, instalacións e equipamento social, cultural e turístico. Entre elas, salienta un área de mantemento, un espazo de participación, entre outras. O Plan Director incorpora a investigación, o coñecemento e a participación veciñal.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas