Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia O premio de Relato Curto ‘Nortear’ impulsado pola Xunta recae no escritor...

O premio de Relato Curto ‘Nortear’ impulsado pola Xunta recae no escritor Culleredense Manuel Vila Iglesias pola obra ‘Graxa’

- Anuncio -

Dotada con 3.000 euros, a iniciativa nace da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte, Instituto Público

A obra Graxa do escritor culleredense Manuel Vila Iglesias gañou a 10º edición do premio de relato curto Nortear, impulsado pola Xunta. A iniciativa nace da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte, Instituto Público (CCDR-Norte,IP), para o recoñecemento de pezas literarias en galego ou portugués.

Para os membros do xurado Graxa é un conto profundamente introspectivo e poético que explora a relación dunha persoa co seu corpo obeso. “A narrativa é densa e rica en detalles, con descricións vívidas e, por veces, incómodas, que capturan a sensación de aprisionamento físico e emocional do protagonista, namentres reflexiona sobre a súa vida, marcada pola vergoña, a auto-aversión e a necesidade de aceptación”, apuntan na acta. Ademais, consideran a escrita rica en simbolismos e metáforas que capturan ese sentimento de aprisionamento, namentres o protagonista busca entender o seu lugar no mundo.

O xurado estivo formado polo escritor e director da Escola Oficial de Idiomas de Santiago, Gonzalo Constela, a escritora María Sandez, o crítico literario e profesor da Universidade de Compostela Ramón Nicolás, o editor Carlos Lopez e o xefe de división de Programación e Promoción Cultural da CCDR-Norte, IP, João Ribeiro da Silva. Participou tamén o técnico de proxectos da AECT da Eurorrexión, André Rodrigues, como secretario.

Dotación económica e publicación da obra
Dotada con 3.000 euros, Nortear diríxese á mocidade de entre 16 e 36 anos de Galicia ou do norte de Portugal, que teñan unha escrita orixinal e inédita. Ademais de recibir a dotación económica, o gañador verá o seu traballo publicado nas linguas galega e portuguesa. Nesta edición houbo 47 propostas de escritores xoves da Eurorrexión.

O premio Nortear é un exemplo destacado de espazo cultural único e compartido na Eurorrexión. Conta con 10 edicións e ten 450 obras presentadas a concurso. Os oito gañadores das anteriores edicións foron Lara Dopazo Ruibal, Rui Cerqueira Coelho, Cecília Santomé, Sara Brandão, Sabela Varela, Célia Fraga, Pedro Rodríguez Villar, Marta Pais de Oliveira e Vicente Vázquez.

O proxecto Nortear é un polo cultural de referencia en Europa no ámbito da Cooperación transfronteiriza. Está cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal (POCTEP).

Relacionadas

A Xunta destaca o potencial do Mercado Municipal de Tui na innivación e dinamización...

0
— O director xeral de Comercio e Consumo asistiu á inauguración do Mercado de San Antonio, renovado recentemente e que conta co apoio do...

Lete Lasa destaca a importancia de contar en Galicia con Luis de la Fuente...

0
_Subliña a importancia de contar con este evento en Galicia que motiva e impulsa a traxectoria dos técnicos e técnicas galegas e lembra que,...

Máis de 350 estudantes par y participan este curso nos programas de interrcambio da...

0
Estas mobilidades realízanse ao abeiro dos programas EduFrance, EduMob e PicassoMob nas rexións Hauts-de-France, Bretagne, Académique, Grand Est e Bourgogne-Granche Comté Un total de 350...

A Xunta destina preto dun millón de euros a impulsar actividades de promoción da...

0
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou nas primeiras xornadas de igualdade organizadas pola ANPA do Colexio Virxe Milagrosa A directora xeral...

A Xunta anuncia a licitación das obras da nave de deportes naúticos da sociedade...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Alvárez presentaron hoxe as obras que...

Rueda encomia o labor de elPulpo como gran representante da marca Galicia

0
- Resalta a figura de Luis de la Fuente á fronte da selección - Salienta á marca e á entidade deportiva como referentes nos seus...

Publicacións Relacionadas