Home Xunta de Galicia O programa de conciliación da Xunta a través do deporte supera as...

O programa de conciliación da Xunta a través do deporte supera as expectativas e chega xa a 12.369 menores con 1.759 actividades

- Anuncio -

― O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe o club de Piragüismo Cidade de Lugo para coñecer o desenvolvemento da iniciativa na metade do seu calendario de execución

― O éxito da medida facilitou a contratación de 889 persoas monitoras fronte ás 250 previstas inicialmente

― O programa, que supón un investimento de máis de 2,5 millóns de euros, arrincou o pasado xuño e se prolonga ata finais de ano

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe xunto ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o Club de Piragüismo Cidade de Lugo para coñecer o desenvolvemento do programa de animación sociodeportiva impulsado pola Xunta no marco do Plan Corresponsables, a prol da conciliación familiar. Diego Calvo salientou o éxito da iniciativa posta en marcha hai tres meses da man de 18 federacións deportivas, que, coa participación de 12.369 menores de ata 16 anos en 1.759 actividades, superou xa as expectativas en ambas cifras -8.000 e 500 respectivamente-, na metade da súa execución.
A medida supón un investimento superior aos 2,5 millóns de euros e facilitou a contratación de 889 persoas monitoras fronte ás 250 previstas inicialmente. O programa prolongarase ata final de ano e chegará a 150 concellos de toda Galicia grazas á implicación das federacións deportivas de baloncesto, balonmán, bolos, boxeo, esgrima, fútbol, halterofilia, hóckey, loita, montañismo, piragüismo, salvamento e socorrismo, squash, surf, taekwondo, tenis, triatlon e péntatlon moderno, e vela.
Por provincias, as cifras máis elevadas de participación sitúanse na Coruña e Pontevedra, con 4.829 menores e 973 actividades, na primeira, e 4.810 menores e 541 actividades, na segunda. En Ourense houbo 1.430 nenos e nenas participantes en 102 actividades, e en Lugo, 930 nenos e nenas nun cento de actividades.
Frutífera unión de esforzos
Durante a visita ao club Cidade de Lugo, o vicepresidente segundo referiuse á iniciativa como “unha frutífera unión de esforzos entre a Xunta e as entidades deportivas”, xa que lles facilita a conciliación ás familias ao tempo que fomenta a práctica do exercicio físico entre a rapazada e lles permite aos clubs divulgar a súa actividade entre a cidadanía.
Para Diego Calvo, o deporte demostra unha vez máis a súa capacidade de unión e de contribución ao benestar social. Segundo sinalou, o obxectivo é achegarlle á poboación máis nova distintas modalidades deportivas, que a maiores favorecen a convivencia e o xogo en equipo desde as idades máis temperás, entre outros valores.
Nesta liña apuntou o labor desenvolvido polo club lugués, con actividades que tamén inciden na conciencia ambiental ou na creatividade. Así, os 16 nenos e nenas participantes, ademais de iniciarse en distintas modalidades de piragüismo, como o barco dragón, a canoa e caiac, ou o paddle sup, practican outras actividades físicas e xogos populares.
Cómpre sinalar que o programa de animación sociodeportiva forma parte da colaboración da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes coa Consellería de Promoción do Emprego en Igualdade na área de deportes, que se suma aos convenios con federacións deportivas galegas para o patrocinio da campaña NON contra a violencia de xénero ou ao apoio á participación da representación galega olímpica e paralímpica en Tokio, entre outras medidas.

Relacionadas

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos de conservación...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de...

A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes...

0
O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente O...

Un total de 431 colexios e institutos desenvolven clubs de lectura grazas ao...

0
— Este curso sumáronse 53 novos centros a esta iniciativa da Consellería de Educación, que financia con 400.000 € a adquisición de fondos e...

Medio milleiro de persoas obtiveron ou renovaron o ano pasado a habilitación como persoal...

0
A través dos cursos de seis horas realizados na Academia Galega de Seguridade Pública para adaptarse aos requisitos esixidos no decreto que regula as...

A Xunta aposta pola conservación de monumentos naturais de Galicia como a Praia das...

0
As rexistradas ata o momento roldan esa cifra, polo que se agarda que, malia as malas previsións meteorolóxicas, o número final se achegue á...

Publicacións Relacionadas