Home Xunta de Galicia O programa de dinamización lingüística "21 días co galego e +" arranca...

O programa de dinamización lingüística “21 días co galego e +” arranca a súa quinta edición

- Anuncio -

— O secretario xeral de Política Lingüística e o director xeral de Centros e Recursos Humanos participan na apertura desta edición, que se estenderá ata o 13 de febreiro

— Baixo o lema ‘Falando para un mundo mellor’, participará rapazada de 12 centros do último ciclo de Primaria, ESO, Bacharelato e FP

— A iniciativa conta cun 20% máis de participación ca na edición anterior, pois supera as 4.500 persoas entre alumnado, profesorado e persoal non docente

— Como principal novidade, os estudantes de todos os centros participantes intercambiarán experiencias o vindeiro 28 de febreiro no Gaiás

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participaron esta mañá no acto de apertura da quinta edición do programa 21 días co galego e + impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co obxectivo de promover o uso da lingua galega entre a xente nova tanto fóra como dentro da contorna escolar.

Nesta nova edición, que se desenvolverá en 12 centros galegos entre o 24 de xaneiro e o 13 de febreiro, participarán 4.564 persoas entre alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos, unha cifra que supera nun 20% a do ano pasado e que supón, ademais, a máxima participación nos cinco anos de traxectoria que suma esta iniciativa de dinamización lingüística.

Na sesión de apertura, que tivo lugar no IES Rafael Dieste da Coruña, centro participante da iniciativa, tamén interviñeron o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o director do dito instituto, Mateo Torres, e a profesora e creadora da iniciativa, Pilar Ponte. Paralelamente, os restantes 11 centros adscritos realizaron cadanseu acto de apertura nas súas respectivas sedes.

21 días falando en galego
Baixo o lema Falando para un mundo mellor, que motiva á rapazada a medrar no uso do galego, o alumnado do último ciclo de Primaria, ESO, Bacharelato e FP intensificará voluntariamente a súa expresión en galego durante os 21 días que funciona o programa. Disto quedará constancia no blog 21diascogalegoemais.gal, o soporte central da iniciativa no que se mostrarán as creacións dos centros participantes, así como tamén nas contas de Facebook, TikTok, Instagram e Twitter.

Ademais, 21 días co galego e + manterá a colaboración externa co programa Galicia por diante, da Radio Galega, onde terá unha sección diaria de luns a venres durante estas tres semanas; e co programa Dígocho eu!, da CRTVG, que terá encontros co alumnado dos 12 centros educativos.

Como novidade, este ano celebrarase o I Encontro 21 Días co Galego e +, que reunirá o alumnado de todos os centros participantes o vindeiro 28 de febreiro no Gaiás para compartir moita lingua a través das súas experiencias no programa.

Centros participantes
Os centros participantes varían cada ano e, por segundo ano consecutivo, son 12. Neste curso 2022/23 o programa desenvolverase no IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña), IES de Melide (Melide), CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) e CPR Divino Maestro (Santiago), todos eles na provincia da Coruña; no CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Xesús (Ribadeo) e IES María Sarmiento (Viveiro), na provincia de Lugo; no IES Nº1 do Carballiño (O Carballiño) e CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas), en Ourense; e no CPI Plurilingüe Alfonso VII (Caldas de Reis), CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios (Nigrán), IES Aquis Celenis (Caldas de Reis) e IES A Basella (Vilanova de Arousa), na provincia de Pontevedra.

Esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas. Ten a súa orixe nunha experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no IES da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística, en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega e no 2019 o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua. Desde o ano 2019 foi asumido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que inicialmente o desenvolveu en catro centros educativos, un por cada unha das provincias galegas.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cubre once prazas de especialistas no...

0
― O Hospital Provincial acolleu esta mañá o acto de toma de posesión de boa parte dos facultativos, que acadaron praza fixa no Sergas...

A Xunta lamenta que o Partido Socialista Pretenda incumprir a Lei de Costas Estatal...

0
— O conselleiro Román Rodríguez subliña que construír un pavillón neste centro non é unha cuestión de “vontade política” senón de “legalidade” urbanística — Lembra...

Publicacións Relacionadas