Home A Coruña O programa de ocio educativo "Día da Xuventude" terá como próximas paradas...

O programa de ocio educativo “Día da Xuventude” terá como próximas paradas Muros, Bande e Santa Comba

- Anuncio -

En cada unha das xornadas haberá xogos, actuacións musicais e obradoiros de empregabilidade, de igualdade de xénero, de sensibilización medioambiental, de gastronomía saudable e de lecer educativo, entre outros.

O programa de ocio educativo `Día da Xuventude’ da Xunta de Galicia chegará mañá a Muros, o sábado celebrarase en Bande e o domingo desenvolverase en Santa Comba. Estas son as próximas paradas desta iniciativa que recalará nunha trintena de concellos ata o vindeiro mes de abril.

A través deste programa, ofrécese ás mozas e mozos un amplo abano de actividades gratuítas, como obradoiros dinámicos de cociña saudable, de grafitti ou sobre igualdade de xénero, ademais de actividades relacionadas coa protección do medio ambiente e a empregabilidade. As diferentes propostas lúdicas e formativas comezan ás 16:00 horas e se prolongan ata as 21.00 horas, e inclúen unha actuación musical a cargo de artistas ou grupos locais.

En canto ao lugar de celebración, maña en Muros será no curro da Praza. O sábado o escenario do ‘Día da Xuventude’ será a praza da Constitución de Bande e o domingo o emprazamento escollido é o mercado do gando do recinto feiral de Santa Comba.

Toda esta programación non só achegará o ocio e a formación á xuventude galega, senón tamén favorece á conciliación da vida familiar e laboral. Cómpre recordar que o Día da Xuventude ponse en marcha ao abeiro do Plan Corresponsables, do Ministerio de Igualdade.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas