HomePontevedraO SalnésO Servizo Galego de Saúde avanza no proceso de licitación dunha obra...

O Servizo Galego de Saúde avanza no proceso de licitación dunha obra de mellora da accesibilidade do Centro de Saúde de San Roque en Vilagarcía de Arousa

- Anuncio -spot_img

Comprenderá a dotación dun novo ascensor con capacidade para montar camillas, un sistema de acceso de portas automáticas na entrada principal, a reforma integral do vestíbulo e novos aseos con accesibilidade adaptada para persoas con diversos graos de discapacidade

A Administración Sanitaria Pública galega recibiu sendas propostas técnicas por parte de dúas empresas para acometer este proxecto

O Servizo Galego de Saúde continúa a avanzar no proceso de licitación dunha obra de mellora na accesibilidade no Centro de Saúde de San Roque, en Vilagarcía de Arousa.

Toda vez que rematara administrativamente a fase de presentación de ofertas para executar este proxecto de mellora para este centro do primeiro nivel asistencial vilagarcián no Distrito sanitario de o Salnés, a Administración Sanitaria Pública galega recibiu sendas propostas técnicas por parte de dúas empresas para acometelo.

Diversas actuacións nas obras
Segundo se detalla no informe do Servizo de Obras e Supervisión de Proxectos do Servizo Galego de Saúde, a reforma do centro de Atención Primaria de San Roque de Vilagarcía de Arousa comprenderá a dotación dun novo ascensor con capacidade para montar camillas, así coma a incorporación na entrada principal dun sistema de acceso con portas automáticas para formar un cortaventos.

O proxecto a executar tamén contempla a reforma integral do vestíbulo de entrada do edificio asistencial, iniciativa que lle proporcionará unha mellor accesibilidade e funcionalidade. Así mesmo, esta obra procederá á dotación de novos aseos con accesibilidade adaptada para persoas con diversos graos de discapacidade.

Orzamento de case 300.000 euros
O orzamento total para a licitación desta obra de mellora na accesibilidade no Centro de Saúde de San Roque é de 299.819,07 euros.

Publicacións Relacionadas