HomeXunta de GaliciaO vicepresidente segundo da Xunta visita á selección española de relevos 4x400...

O vicepresidente segundo da Xunta visita á selección española de relevos 4×400 que prepara en Ourense o Campionato Europeo de Atletismo en Pista Cuberta

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza, e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe os deportistas da selección española de relevos que desde o sábado ata hoxe están a preparar na pista de Expourense o Campionato Europeo de Atletismo en Pista Cuberta 2023, que se desputará desde este venres día 3 ata o domingo 5 de marzo. Óscar Husillos, Iñaki Cañal, Manuel Guijaro, Lucas Bua, David García Zurita e Markel Fernández conforman a selección masculina do equipo de relevos 4×400 metros, xunto co seu adestrador Toni Puig. Tamén acompañan a este grupo os corredores de 60 metros vallas Quique Llopis e Kevin Sánchez. Na visita de hoxe acompañaron ao vicepresidente segundo o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

Publicacións Relacionadas