HomePontevedraPoioO xerente da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés e o alcalde de...

O xerente da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés e o alcalde de Poio supervisaron o remate da reforma do consultorio de Raxó que reabre o vindeiro luns

- Anuncio -spot_img

–              José Flores e Angel Moldes cotexaron as melloras efectuadas na sala de espera, o pintado de dependencias, así coma a impermeabilización e illamento nas consultas de Medicina e de Enfermaría deste centro de Atención Primaria no que o SERGAS investiu un orzamento de preto de 40.000 euros

–              Esta reforma impulsouse tras a xuntanza que o alcalde de Poio e o patrón maior da confraría de Raxó mantiveron hai ano e medio co xerente da Área Sanitaria para trasladarlle as necesidades e prioridades a efectuar neste consultorio de cara a mellorar a calidade e o confort da súa atención sanitaria

O xerente da Àrea Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Flores, acompañado polo alcalde do Concello de Poio, Angel Moldes e por varios responsables asistenciais e económicos da área de saúde, supervisaron esta mañá o remate das obras de reforma das dependencias do consultorio de Raxó, que reabre asistencialmente o vindeiro luns 18 de agosto para retomar a súa actividade de Atención Primaria.

Esta reforma impulsouse tras a xuntanza que o alcalde de Poio Angel Moldes e o patrón maior da confraría de Raxó, Iago Tomé, mantiveron hai ano e medio co xerente da Área Sanitaria para trasladarlle as necesidades e prioridades que había que efectuar no consultorio de Raxó de cara a mellorar a calidade e o confort da súa atención sanitaria.

Diversas melloras efectuadas

Durante esta visita técnica, os responsables sanitarios e municipais cotexaron conxúntamente as melloras efectuadas na sala de espera, ampliación das consultas de Medicina e de Enfermería, creación da consulta de Urxencias/Polivalente, remodelación dos aseos de público, instalación de ventilación mecánica, reformas de cableado eléctrico e do alumeado, renovación de persianas e de diverso mobiliario, pintado de dependencias, así coma a impermeabilización e illamento nas consultas de Medicina e de Enfermaría deste consultorio de Atención Primaria no concello poiense, no que a Administración Sanitaria Pública galega investiu preto de 40.000 euros.

No transcurso deste encontro -que da continuidade á constante relación entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais- os responsables da Àrea Sanitaria subliñaron ao rexedor municipal de Poio que a iniciativa de impermeabilización proposta para as consultas de Raxó da unha solución definitiva á estanqueidade deses espazos.

Cómpre lembrar que este consultorio, cunha superficie de 180 metros cadrados, dispón de dúas consultas -unha de Medicina Xeral e outra de Enfermaría- sala de espera, almacén, unha sala polivalente e unha área para servizos administrativos.

Auditorías e controis periódicos

Durante a visita de José Flores e Angel Moldes hoxe ao consultorio de Raxó lembrouse que o Servizo Galego de Saúde efectúa auditorías e controis periódicos das súas infraestruturas e dotacións nos concellos dos distritos sanitarios de Pontevedra e de O Salnés.

Deste xeito, a Xunta de Galicia mantén xunto coas corporacións locais unha aposta firme pola Atención Primaria, para aumentar a resolución deste primeiro nivel asistencial, que é a porta de entrada dos pacientes ao Sistema Sanitario Público galego.

O obxectivo é manter centrada a organización nos propios doentes e na integración e continuidade dos seus coidados; na mellora da capacidade resolutiva, de acceso a probas diagnósticas e na implantación e extensión de novas ferramentas e tecnoloxías que permitan a innovación e a mellora da calidade.

Publicacións Relacionadas