Home Lugo A Mariña Oriental O Xulgado de Paz de Ribadeo xa está operativo no local provisional...

O Xulgado de Paz de Ribadeo xa está operativo no local provisional cedido pola Xunta ao concello mentres se levan a cabo as obras na sede principal

- Anuncio -

― O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe o inmoble no que o Goberno galego investiu 50.000 euros no seu acondicionamento, na dotación de mobiliario e no traslado dos funcionarios

― O xulgado de Paz trasládase de forma provisional a estas instalacións temporais ofrecidas pola Xunta, mentres o Concello procede a habilitar outro espazo que será a sede definitiva do organismo

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe o local cedido pola Xunta ao concello de Ribadeo para acoller de xeito provisional o xulgado de Paz, que xa está a funcionar tralo remate do traslado dos funcionarios.

O Goberno galego investiu 50.000 euros no acondicionamento do local e a instalación de voz e datos, na dotación de mobiliario novo e no traslado de ordenadores, libros do Rexistro Civil e parte do arquivo a este inmoble, que acollerá o servizo mentres que o Concello leva a cabo as obras necesarias para acoller o xulgado de Paz noutro espazo que se converterá na súa sede principal e definitiva.

A Xunta completou a comezos de outubro o traslado temporal dos funcionarios a este novo local logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizase que o xulgado de Paz de Ribadeo puidese prestar este servizo xudicial de forma provisional desde as instalacións ofrecidas polo Goberno galego.

A resolución tamén indicaba que se ben este local permitirá continuar coa actividade do xulgado de Paz, actuacións como as celebracións de vodas civís deben celebrarse no Concello e, ademais, parte do arquivo seguirá no local primitivo.

A Xunta ten como competencia a dotación do persoal dos xulgados de paz, mentres que ás distintas administracións locais lle corresponden, segundo a Lei de Demarcación e de Planta Xudicial o seu mantemento coa habilitación dos medidos técnicos, instrumentais e das instalacións axeitadas.

Cómpre destacar, por tanto, a colaboración da Xunta para coa cesión dun local provisional e o seu acondicionamento mentres o concello de Ribadeo habilita a sede actual do xulgado de Paz, co obxectivo de contribuír á mellora da xustiza municipal e axudar ao municipio.

Relacionadas

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos de conservación...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de...

A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes...

0
O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente O...

Un total de 431 colexios e institutos desenvolven clubs de lectura grazas ao...

0
— Este curso sumáronse 53 novos centros a esta iniciativa da Consellería de Educación, que financia con 400.000 € a adquisición de fondos e...

Medio milleiro de persoas obtiveron ou renovaron o ano pasado a habilitación como persoal...

0
A través dos cursos de seis horas realizados na Academia Galega de Seguridade Pública para adaptarse aos requisitos esixidos no decreto que regula as...

A Xunta aposta pola conservación de monumentos naturais de Galicia como a Praia das...

0
As rexistradas ata o momento roldan esa cifra, polo que se agarda que, malia as malas previsións meteorolóxicas, o número final se achegue á...

Publicacións Relacionadas