Home Xunta de Galicia O xurado visita o Pazo de Lourizán antes de elixir o gañador...

O xurado visita o Pazo de Lourizán antes de elixir o gañador do concurso para a rehabilitación do edificio

- Anuncio -

Nos próximos días dará a coñecer a decisión final sobre quen levará a cabo o proxecto da reforma integral, que conta cun orzamento estimado de máis de 17M€

Os membros do xurado do concurso para a reforma do Pazo de Lourizán recorreron esta semana as instalacións do edificio e a súa contorna para analizar detalladamente in situ os sete proxectos finalistas antes de tomar unha decisión.

Tras dar por finalizada a rolda de visitas, nos próximos días emitirase o fallo que dará a coñecer ao equipo gañador, que recibirá 48.400€, ademais de resultar adxudicatario para a redacción do proxecto básico e de execución. O certame tamén contempla un segundo premio de 24.200€, un terceiro de 18.150€ e accésits de 12.100€ para os restantes estudios de arquitectura finalistas. Unha vez feita pública a decisión, as sete propostas formarán parte dunha exposición aberta ao público na cidade de Pontevedra que se inaugurará en novembro.

Á fase final do concurso de ideas accederon inicialmente oito proxectos arquitectónicos, aínda que o xurado decidiu excluír un dos equipos finalistas por incumprir as bases administrativas e técnicas.

Para o proxecto de rehabilitación integral do pazo, a Xunta conta cun orzamento estimado de máis de 17M€ ata 2026. A súa previsión contempla iniciar as obras o vindeiro ano para rematar a recuperación deste edificio histórico en 2027.

Relacionadas

A Filmoteca de Galicia e a Fundación Japón organizan unha retrospectiva sobre a documentalista...

0
— A cinemateca da Xunta recibe a partir de mañá un ciclo itinerante con 10 títulos desta cineasta pioneira, a meirande parte deles inéditos...

Belén do Campo anuncia un investimento de máis de 157.000€ para as obras de...

0
A delegada da Xunta na Coruña que o obxectivo desta intervención é mellorar o estado de conservación deste ben inmoble incluído no Catálogo do...

A Xunta activa unha nova edición dos bonos activa comercio dotada con 2,5 M€...

0
― José González destacou o impacto desta iniciativa que xa leva máis de 6.100 negocios adheridos nas catro provincias e que prevé mobilizar 12...

A Xunta conmemora o aniversario do nacemento de Neira Vilas coa lectura continuada de...

0
Coincidindo con esta data, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude celebra hoxe o Día da lectura O secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

A conselleira do Medio Rural enxalza as prácticas tradicionais do agro na Festa da...

0
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, enxalzou hoxe a Festa da Matanza de Transmonte, no concello coruñés de Oroso, como unha celebración...

Un total de 680 estudantes de Bacherelaro e FP gozan dunha praza gratuíta ou...

0
— As prazas están destinadas a estudantes procedentes de localidades onde non exista a oferta académica que cursan, nin teñan a posibilidade de desprazarse —...

Publicacións Relacionadas