Home Xunta de Galicia O Xuventude crea 2024 premia os proxectos presentados na categoría de videoxogos

O Xuventude crea 2024 premia os proxectos presentados na categoría de videoxogos

- Anuncio -

— Os creadores e creadoras recoñecidos nesta modalidade participan nun coloquio no que dan a coñecer os seus traballos


— As tres propostas gañadoras proceden de Arzúa, A Coruña e Pontevedra, mentres que a mención de honra recae en Vigo


— Trátase dunha das 16 especialidades que completan a convocatoria deste ano dun certame co que a Xunta impulsa o talento da mocidade en diversos eidos

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude presentou hoxe nun coloquio celebrado no Gaiás os traballos gañadores do certame Xuventude Crea 2024 na categoría de creación de videoxogos. Deste xeito, os autores e autoras premiadas explicaron na charla os seus proxectos, así como a súa traxectoria neste eido e os seus obxectivos para o futuro.

O primeiro premio foi para o videoxogo Maestosia, co que Gael Alberto Quintela, de Arzúa (A Coruña), experimenta coa música e o son como mecánicas xogables, abordando a saúde mental como tema principal. O segundo recoñecemento foi para o grupo Suncorp, da Coruña, con A Hundred Days of Summer, unha proposta que xira ao redor da exploración e o combate experimentado desde os ollos dun neno pequeno con moita imaxinación. Pola súa banda, Laura Cuestas e Alberto Ferrer, de Pontevedra e co pseudónimo Brea Games, recibiron o terceiro galardón por Souri, unha demo dun videoxogo 3D que se basea en aventuras submarinas en terceira persoa na que o protagonista é un peixe.

Ademais, tamén se outorgou unha mención de honra a Dark Arise, cuxa autoría firmada como Muspelheim procede de Vigo, unha aventura dun samurai que se adentra nas escuras profundidades do que foi unha antiga civilización.

A creación de videoxogos é unha das 16 especialidades que compoñen a convocatoria deste ano do Xuventude Crea, que acadou entre todas as súas categorías solicitudes de máis de 600 persoas, a maior participación das súas 15 edicións.

Relacionadas

A Xunta, o concello de Ourense e os praceiros asinan o protocolo para o...

0
― Goberno autonómico e municipal acordan unha cofinanciación máxima de 2M€ para as obras de adecuación que sexan consensuadas, investimento para o que a...

Galicia rexistra a cifra de paro máis baixa nun outubro de toda a serie...

0
― A cifra de persoas desempregadas é de 122.214, un descenso con respecto a outubro de 2023 dun 8,35% que supera en 2,65 puntos...

A Xunta aposta por optimizar a coordinación para previr e facer fronte aos danos...

0
— O Executivo galego avalía a eficacia das medidas adoptadas para controlar a presenza da especie tralo incremento tanto dos avisos de danos como...

Mos inviste preto de 700.000 euros na recta final do ano para a mellora...

0
Ao abeiro do Plan +Provincia, o Concello optimiza 19 camiños, 2 muros de contención e acomete o saneamento para máis de 50 veciños Rematados, a...

Turismo de Galicia busca na WTM London incrementar o mercado internacional que xa supera...

0
En 2023 incrementouse o 16% o número de turistas británicos, representando o 5,5% do turismo internacional da Comunidade Turismo de Galicia está presente estes días...

A Xunta suma o apoio da Asamblea Reional e Local Euromediterránea ás mostras de...

0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou na sesión en Xordania, onde se abordaron cuestións como a axenda estratéxica euromediterránea, a...

Publicacións Relacionadas