Home A Coruña Oito Centros de Ensino de Galicia, recoñecidos polas súas boas prácticas en...

Oito Centros de Ensino de Galicia, recoñecidos polas súas boas prácticas en materia de inclusión educativa

- Anuncio -

— A Xunta instaurou estes premios co obxectivo de impulsar, difundir e compartir accións de atención á diversidade nas aulas

— Na categoría de Infantil e Primaria resultaron galardoados os colexios Plurilingüe A Laxe de Ferrol, de Quiroga, Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas e Plurilingüe da Torre Cela de Bueu

— Na modalidade de Secundaria, Bacharelato e FP os premios recaeron nos institutos de Melide, A Pinguela de Monforte de Lemos, Pastoriza en Arteixo e Fernando Blanco de Cee

A Xunta de Galicia recoñece o traballo de oito centros educativos galegos co Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade co obxectivo de impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas así como recoñecer o labor que, neste sentido, está a desenvolverse actualmente nos centros educativos. Trátase, deste xeito, de promover unha escola que garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa a creación de contornas e culturas inclusivas.

Na categoría A, destinada a Educación Infantil e Educación Primaria, o 1º premio é para o colexio CEIP Plurilingüe A Laxe (Ferrol), o 2º para o colexio CEIP de Quiroga e o 3º para o colexio CEIP Nosa Señora dos Remedios (Ponteareas). O colexio CEIP Plurilingüe da Torre Cela (Bueu) obtivo o accésit.

No caso da categoría B, destinada a Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial, o instituto IES de Melide recibe o 1º premio, o instituto IES A Pinguela (Monforte de Lemos) o 2º e o instituto IES de Pastoriza (Arteixo) o 3º. O accésit é para o instituto IES Fernando Blanco (Cee).

Os centros galardoados co primeiro premio recibirán 5.000 €, os que obtiveron o segundo 2.500 € e os do terceiro 1.000 €, mentres que os do accésit recibirán 500 €. Ademais, os centros premiados co primeiro premio obteñen o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.

A comisión de selección valorou as boas prácticas realizadas a través da memoria presentada xunto coa solicitude de participación, tendo en conta aspectos como a calidade das accións, a coordinación docente, a implicación da comunidade educativa, a repercusión no proceso de ensino-aprendizaxe, a avaliación das accións, ou a súa repercusión a nivel de centro.

Colexio A Laxe de Ferrol
Na categoría A, de Infantil e Primaria, o colexio Plurilingüe A Laxe (Ferrol), alzouse co primeiro premio polo proxecto Encamiñando o futuro, onde se levan a cabo diferentes accións inclusivas como patios amigos para favorecer a inclusión a través de xogos, organización dos espazos e dos tempos de lecer, emprego das tic a través de metodoloxías activas como a aprendizaxe baseada en retos, a gamificación, participación en proxectos europeos Eramus+ e LOVA para desenvolver as competencias do alumnado a través da opera. Todas estas accións foron propostas para mellorar a inclusión na vida diaria do centro e a participación da comunidade educativa fomentando a vida en común, a cooperación e o diálogo.

CEIP de Quiroga
No caso do segundo galardoado, o CEIP de Quiroga, o proxecto elixido foi Escola Inclusiva, onde o centro entende a educación inclusiva como un proceso dialéctico entre a presenza, a aprendizaxe e a participación. Coa liña Traballar a diversidade a través das contornas virtuais de aprendizaxe, todo o grupo é consciente das vantaxes que supón dotar ao alumnado de competencias para a vida, para desenvolver capacidades do alumnado e brindar a oportunidade de aprendizaxe para toda a comunidade educativa. Propoñen unha serie de actividades como a celebración de conmemoracións do día das persoas con discapacidade, o día internacional contra a violencia de xénero, un obradoiro de braille, lingua de signos americana na área de inglés, práctica de diferentes deportes paralímpicos ou gravación de vídeos en lingua de signos española onde se relatan poemas.

Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas
O CEIP Nosa Señora dos Remedios (Ponteareas) acadou o terceiro premio con Aquí cabemos todos, un proxecto global co obxectivo principal de mellorar a convivencia de todo o centro, fomentando o emprego de espazos totalmente abertos e con patios dinámicos, que baixo diferentes liñas de acción levan ao obxectivo común de acadar a plena inclusión a través de dinámicas activas e innovadoras. As tres liñas de acción de traballo son: implementación de metodoloxías inclusivas, colaborativas e creativas a través da aprendizaxe por proxectos, o desenvolvemento das TIC e o traballo en facer os patios máis inclusivos, máis activos e máis dinámicos.

CEIP Torre Cela de Bueu
O CEIP Plurilingüe da Torre Cela (Bueu) obtivo o accesit polo proxecto Os contextos de aprendizaxe: o valor do cotiá, un modelo pedagóxico enfocado á mellora das competencias do alumnado nos contextos matemático, científico, lingüístico e humanístico, promovendo a aprendizaxe a través da experiencia, a investigación e o traballo vivencial, tanto a nivel individual como colectivo e cooperativo.

IES de Melide
Canto ás etapas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional (modalidade B), o primeiro premio acadouno o IES de Melide con Glosario en lingua de signos española (LSE) de termos relacionados coa madeira e o moble, que aglutina un conxunto de accións levadas a cabo pola comunidade educativa do centro para a creación do glosario en lingua de signos de termos que teñen relación co ciclo de medio de Carpintería e moble. O obxectivo é dar visibilidade a prácticas educativas que fomenten a inclusión do alumnado co fin de minimizar as barreiras da aprendizaxe e favorecer a participación de todas as persoas, independente da súa situación persoal.

A Pinguela de Monforte de Lemos
O IES A Pinguela (Monforte de Lemos) obtivo o segundo premio co proxecto Pinga a pinga, centrado na atención á diversidade educativa e cultural que inclúe obradoiros de igualdade de xénero, de valoración persoal e autoestima e de resolución pacífica de conflitos. Tamén se traballa a xestión da ansiedade no seu alumnado así como a prevención de adiccións.

Instituto de Pastoriza
O IES de Pastoriza (Arteixo) acadou o terceiro galardón co proxecto inclusivo IES de Pastoriza, centrado sobre todo na discapacidade visual, que xunto á ONCE e diferentes departamentos didácticos, deseñaron unha serie de actuacións e prácticas inclusivas tanto a nivel de centro, como de aula e individual. Levaron a cabo actividades de formación para alumnado con discapacidade visual, a colocación de sinalética en braille por todo o centro para facelo máis accesible, a celebración de xornadas de intercambio de experiencias innovadoras no concello de Arteixo e obradoiros de lecto-escritura en braille.

Instituto Fernando Blanco de Cee
O accésit desta categoría foi para o IES Fernando Blanco (Cee ) con O saber ten premio no IES Fernando Blanco, centro que pon á disposición tanto do alumnado como de toda a comunidade educativa as ferramentas axeitadas para a eliminación de todas as barreiras que poidan obstaculizar o proceso de aprendizaxe de cada un dos seus alumnos, cun traballo en equipo no que, ademais da comunidade educativa, tamén implican ás empresas locais.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas