Home A Coruña Os interesados en adquirir algúnha das 369 prazas de garaxe e 142...

Os interesados en adquirir algúnha das 369 prazas de garaxe e 142 locais comerciais que vai poxar a Xunta poderán presentar as súas ofertas a partir do mércores

- Anuncio -
  • O Diario Oficial de Galicia publica mañá o anuncio do procedemento, que estará aberto ata o 9 de maio, para puxar por estes inmobles localizados en edificios de vivendas de promoción pública propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo
  • A maioría dos bens ofertarase en réxime de compra ou alugueiro e prevalecerá a proposta económica máis alta, convocándose posteriormente unha poxa aberta e presencial en caso de empate entre dúas ou máis ofertas
  • Ángeles Vázquez salienta que no caso das prazas de garaxe localizadas en edificios que sexan propiedade na súa totalidade do IGVS, só se adxudicarán en réxime de alugueiro tendo prioridade as persoas interesadas que residan no mesmo inmoble
  • Máis do 80% dos bens ofertados atópanse nas cidades e Ferrol é a que máis locais comerciais concentra (31) e a segunda en número de prazas de garaxe (90)

As persoas interesadas en adquirir algún dos 511 bens -369 prazas de garaxe e 142 locais comerciais- propiedade da Xunta que se van someter a poxa poderán presentar as súas ofertas a partir do vindeiro mércores.  

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, explicou hoxe que a resolución pola que se anuncia o procedemento para optar a estes inmobles -localizados en edificios de vivendas de promoción pública propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)- sairá publicada mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG) e o prazo para que os interesados poidan remitir as súas propostas prolongarase desde o día seguinte ata o 9 de maio.

A responsable autonómica, que visitou en Ferrol un dos locais de negocio incluídos nesta poxa, salientou que a maioría dos bens se ofertarán en réxime de compra ou alugueiro e que o criterio de adxudicación que prevalecerá na maioría dos casos será o da proposta económica máis alta. En caso de empate entre dúas ou máis ofertas, convocaríase unha poxa aberta e presencial entre as persoas interesadas para determinar o adxudicatario. 

O procedemento concede preferencia á compra fronte ao arrendamento, pero no caso das prazas de garaxe localizadas en edificios que sexan propiedade na súa totalidade do IGVS, só se adxudicarán en réxime de alugueiro, tendo prioridade as persoas interesadas que residan nese mesmo edificio. 

Ángeles Vázquez explicou que nesta poxa poderán participar todas as persoas físicas e xurídicas que presenten como garantía unha fianza equivalente ao 3% do valor que ofrezan pola compra ou o alugamento anual do ben en cuestión. En canto aos prezos de referencia para poder participar no procedemento, variarán en función do tamaño, características e localizacións das propiedades, establecéndose un mínimo tanto para a opción de adquisición como para a de alugueiro.  

Obrigas dos adxudicatarios

A vicepresidenta segunda en funcións explicou que os adxudicatarios tamén deberán cumprir unha serie de requisitos e obrigas para dispoñer dos inmobles. No caso dos locais comerciais, terán que destinalo á actividade descrita na oferta, que non poderá ser potencialmente perigosa, nociva, molesta ou insalubre, nin ir en contra do recollido nos estatutos da comunidade de propietarios ou nas ordenanzas municipais.

Ademais, tanto o acondicionamento do inmoble como a solicitude e a obtención das licenzas necesarias correrán pola súa conta, ao igual que deberá asumir a contratación dos servizos individuais de auga, gas, electricidade e outros similares. A maiores, o adxudicatario pagará os gastos de notaría e de rexistro, en caso de compravenda, ou a cota da comunidade correspondente ao local, se recibe o ben en réxime de alugueiro.

Por último, a duración do contrato de arrendamento dos locais propiedade do IGVS será de 7 anos, prorrogables por períodos dun ano, a renda actualizarase en función do IPC e o inquilino farase cargo do pagamento do IBI. Ademais comprometerase a contratar e manter en vigor durante a vixencia do contrato unha póliza de seguro en beneficio da parte arrendadora coa que asegurar o ben, como mínimo, ante posibles incendios e responsabilidade civil.

No caso das prazas de garaxe, a maiores dos gastos xa sinalados, o adxudicatario deberá destinala a albergar un só vehículo e non poderá realizar ningunha obra que altere a súa finalidade. Ademais, o alugueiro das prazas do IGVS será por 1 ano, prorrogable por períodos da mesma duración, e a renda actualizarase anualmente conforme ao IPC.

Maior aportación das cidades

Malia que os máis de 500 inmobles incluídos na poxa están distribuídos por toda Galicia -os locais comerciais atópanse en 26 concellos e as prazas de garaxe, en 13-, algo máis do 80% pertencen a edificios residenciais localizados nas cidades, que son tamén as que concentran a maior demanda de vivenda pública.

Dos 142 baixos da Xunta polos que se poderá poxar, 91 están nos municipios da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, mentres que 319 das 369 prazas de garaxe dispoñibles se localizan en inmobles de VPP das 7 grandes urbes, destacando sobre todo as 106 prazas dispoñibles en Pontevedra ou as 90 de Ferrol. De feito, Ángeles Vázquez destacou que Ferrol é a cidade galega que máis locais comerciais (31) aporta a esta poxa e a segunda en prazas de garaxe, con esas 90.

Este tipo de locais emprázanse en inmobles de VPP nos que a normativa municipal non permite destinar os baixos a outros usos, mentres que as prazas de garaxe son consecuencia das normas urbanísticas de cada concello, que obrigan a construír máis dunha praza por vivenda, con diferentes proporcións segundo o municipio.

O baixo que visitou a vicepresidenta segunda en funcións atópase no número 1 da rúa Argüelles -unha das zonas con maior historia da cidade ferrolá-, nun edificio residencial rehabilitado no marco do Plan Rexurbe. Este local conta con 38 metros cadrados de superficie e os interesados en adquirilo deberán presentar unha oferta económica de, polo menos, 24.863,10 euros máis IVE, ou ofrecer un mínimo de 745,89 euros máis IVE ao ano en caso de querer alugalo.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas