Home Pontevedra Poio Os novos cribados do Sergas para a detección da covid 19 no...

Os novos cribados do Sergas para a detección da covid 19 no concello de Poio efectuaránse a vindeira semana no pabellón deportivo de A Seca

- Anuncio -

― En coordinación co Consistorio poiense, terán lugar o luns 30 e o martes 31 de agosto de 9 a 14 horas en horario de mañás e de 16 a 21 horas polas tardes

― A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés vai convocar por SMS a 3.000 habitantes dentre 15 e 39 anos desta localidade con tarxeta sanitaria activa no Concello

― As mostras nasofarínxeas tomadas en Poio procesaránse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados negativos serán comunicados por SMS mentres que os casos positivos notificaránse de xeito individual a cada cidadán

A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde, continuará a vindeira semana no Concello de Poio con novos cribados poboacionais con PCR nasofarínxea na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus.

En coordinación co Consistorio poiense, estes cribados voluntarios terán lugar no pabellón de deportes de A Seca os vindeiros luns 30 e martes 31 de agosto, de 9 a 14 horas en horario de mañás e de 16 a 21 horas polas tardes.

Á dita iniciativa preventiva, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés vai convocar por SMS a 3.000 habitantes dentre 15 e 39 anos de Poio con tarxeta sanitaria activa nesta localidade.

Dous equipos de enfermaría en cada turno
Para levar a cabo estes cribados no pabellón de deportes de A Seca, a Administración Sanitaria Pública galega contará con dous equipos de enfermaría por cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización das tomas de mostras e información aos usuarios.

Todas as mostras tomadas con PCR nasofarínxea no Concello de Poio os vindeiros luns e martes procesaránse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados serán comunicados aos usuarios por SMS, sempre que estes sexan negativos.

No caso de resultar positivos, estas notificacións comunicaránse de xeito individual a cada cidadán.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas