HomePontevedraOs test rápidos de antíxenos efectuados en pasadas datas no concello de...

Os test rápidos de antíxenos efectuados en pasadas datas no concello de Sanxenxo pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés non detectaron ningún caso positivo de Covid 19

- Anuncio -spot_img

Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega convocou, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación sanxenxina dentre 40 a 49 anos de idade, colectivo que nesta localidade acada as 2.600 persoas

Os cribados poboacionais con test rápidos de antíxenos efectuados en pasadas datas no Concello de Sanxenxo pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés non detectaron ningún caso positivo de COVID 19 nesta localidade.

Cómpre lembrar que este cribado voluntario tivo lugar no centro de saúde de Vilalonga, no Concello de Sanxenxo, entre o pasados xoves 11 e o sábado 13 de febreiro.

Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública convocou, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación sanxenxina dentre 40 a 49 anos de idade, colectivo que nesta localidade acada a arredor das 2.600 persoas.

67,1 por cento da convocatoria voluntaria
Finalmente, achegáronse a efectuar o cribado un total de 1.745 cidadáns, cifra que representa unha porcentaxe do 67,1 por cento da convocatoria voluntaria.

Para levar a cabo este cribado, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contou no centro de saúde de Vilalonga durante a pasada fin de semana con tres equipos de enfermaría en cada turno, que efectuaron tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras nasofarínxeas e información aos usuarios.

Publicacións Relacionadas