Home O Salnés Meis Policía Autonómica e Axentes Ambientais de Medio Rual esclarecen un incendio forestal...

Policía Autonómica e Axentes Ambientais de Medio Rual esclarecen un incendio forestal no concello pontevedrés de Meis

- Anuncio -

— O lume produciuse por unha imprudencia ao realizar traballos de corte cunha máquina amoladora


— No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 44 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Pontevedra, en colaboración con Axentes Ambientais da Consellería do Medio Rural, veñen de esclarecer o incendio forestal rexistrado o 3 de agosto no concello pontevedrés de Meis. O lume produciuse na parroquia de San Martiño e afectou 1,4 hectáreas de superficie arborada.

Despois de realizar unha inspección na zona, acoutouse a área de inicio do incendio e descubriuse que fora provocado polas chispas dunha máquina amoladora ao realizar traballos de corte nunhas varas de ferro. Como resultado, foron investigadas dúas persoas como presuntas autoras do lume.

Nos labores de extinción participaron dous axentes, tres motobombas, dous helicópteros e seis brigadas. A Policía Autonómica remitiu as dilixencias polos feitos ao Xulgado de Garda de Cambados.

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 44 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

A Xunta continúa apelando á concienciación e á prudencia nos accesos e traballos en terreos agrarios de cara a evitar incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Relacionadas

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Oficina Móbil do Retorno da Xunta de Galicia chega a Ponteareas para asesorar...

0
• A iniciativa ofrece unha atención personalizada para a integración das familias retornadas a Galicia • O obxectivo é axudar ás persoas a desenvolverse no...

Baiona aplaude a iniciativa da Deputación de Pontevedra para mellorar os espazos xuvenís na...

0
Nun encontro celebrado na localidade de Barosa, en Barro, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo deputado de Cultura, Reto Demográfico...

Luis López sinala a nova ponte de Fontenla, en Ponteareas, como un exemplo da...

0
O presidente provincial, acompañado pola alcaldesa e deputada de Turismo, Nava Castro, comprobou o remate dunha obra no que a Deputación investiu 50.000 euros “Obras...

Observar e colaborar para adaptarse ao alumnado do s. XXI

0
O CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián participa no programa Observa-Acción, un proxecto co que coñecer experiencias innovadoras e reflexionar sobre a práctica docente...

Publicacións Relacionadas