Home O Salnés Cambados Portos de Galicia autoriza ao Concello de Cambados a substitución de árbores...

Portos de Galicia autoriza ao Concello de Cambados a substitución de árbores na alameda e a instalación dun soporte para selfies na Ribeira de Fefiñáns

- Anuncio -

A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, vén de remitir ao Concello de Cambados sendas autorizacións administrativas para actuacións de carácter municipal en terreos de dominio público portuario. Así o ente público autorizou a substitución dos árbores da alameda de Santo Tomé, así como a instalación dun soporte para tomar fotografías en modo autorretrato na Ribeira de Fefiñáns.
A autorización para a alameda contempla a tala por parte do Concello de 17 árbores e substitución por outros de menor porte. O Concello será encargado tamén do posterior mantemento da zona mentres permanezan as árbores no porto. Así mesmo, deberá adoptar todas as medidas de seguridade necesarias co fin de facer compatible esta actuación coa operativa portuaria e o tráfico de camións e maquinaria.
Polo que respecta ao soporte para fotografías, trátase dunha peza de aceiro de 150 centímetros de altura no que se poderá apoiar o móbil para tomar autorretratos nesta zona axardinada situada en zona de servizo do porto. As obras autorizadas deberán iniciarse no prazo máximo de tres meses e culminar antes de seis.
Portos de Galicia enmarca este tipo de acordos dentro do marco da colaboración institucional entre administracións na que o ente público facilita o desenvolvemento de actuacións que redundan no beneficio do conxunto da cidadanía e non só nos usuarios directos das instalacións portuarias.

Relacionadas

A Xunta amplía a alerta vermella por temporal costeiro mañá ao suroeste da Coruña...

0
― O aviso vermello xa estaba activo para a última hora desta tarde no noroeste e o oeste da provincia da Coruña ― Continúa activa...

O BNG demandará no Pleno de Vigo que o goberno do Estado aprobe un...

0
A fronte nacionalista critica o “espectáculo lamentábel” que están a ofrecer PP e PSOE xogando de maneira irresponsábel con cuestións de enorme importancia para...

A Deputación inaugura este venres no Palacete das Mendoza unha exposición pictórica de Tato...

0
A mostra estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o próximo 16 de febreiro A Deputación de Pontevedra inaugura...

Portos de Galicia exime ao concello de Poio do pago das taxas pola escola...

0
Portos de Galicia aprobou a exención de taxas ao Concello de Poio pola ocupación do edificio e as instalacións da escola de remo de...

O Concello de Nigrán emprenderá un novo plan de asfaltados de preto de...

0
A actuación forma parte do plan de asfaltados deste ano e abrangue ás sete parroquias, estando xa a redactarse o plan para 2026 "Nunca na...

María José Gómez salienta a importancia das poxas degando como punto de encontro da calidade para...

0
― A titular do departamento lembrou que o Goberno autonómico conta cunha liña de achegas dotada con 150.000 euros para a realización de certames...

Publicacións Relacionadas