- A Consellería de Educación vén de publicar a relación de colexios e institutos seleccionados nesta iniciativa, que é totalmente gratuíta para as familias
- A actividade, na que participan alumnos entre 5º de Primaria e 2º de ESO, desenvolverase en quendas semanais entre o 22 de marzo e o 23 de maio
- Enmárcase na aposta do Goberno galego polo impulso das competencias en linguas estranxeiras do alumnado, eido no que Galicia é lider en España
Preto de 1.000 alumnos de 54 centros escolares de toda Galicia mellorarán este curso as súas competencias en inglés nos campamentos Spring Week impulsados pola Xunta cun investimento de preto de medio millón de euros. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de publicar a relación de colexios e institutos seleccionados nesta iniciativa, que é totalmente gratuíta para as familias.
A actividade, na que participan alumnos entre 5º de Primaria e 2º de ESO, desenvolverase en seis quendas semanais entre o 22 de marzo e o 23 de maio. Consiste nunha estadía na que os rapaces conviven nunha contorna de inmersión lingüística, practicando inglés en situacións reais con profesorado nativo e que se realiza no Centro Residencial dos Peares.
Estes campamentos combinan actividades académicas e lúdicas, que que favorecen a convivencia e a motivación dos estudantes para comunicarse en inglés. Deste xeito, ademais de recibir clases, os estudantes participan en obradoiros e actividades de lecer que favorecer a cooperación, a interacción social e o achegamento á cultura anglosaxoa.
Ademais, de xeito transversal, promóvese a educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sostibilidade e o coñecemento da contorna, segundo se recolle nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
O programa de campamentos Spring Week enmárcase na aposta do Goberno galego polo impulso das competencias en linguas estranxeiras do alumnado. Cómpre lembrar que Galicia vén de consolidarse, por segundo ano consecutivo, como a comunidade con maior nivel de inglés de España segundo o informe anual de Education First (EF).
Cunha puntuación de 563 puntos, 23 máis que a media de España e 73 máis que a media global, Galicia sitúase na táboa de dominio alto da lingua inglesa no contexto mundial, mentres que o conxunto de España queda na de manexo moderado da mesma.
A relación de centros seleccionados por quendas é a recollida na seguinte táboa:
| Concello | Nome do centro | Número de alumnado | Quenda | |
| Provincia da Coruña | ||||
| Laxe | CPI Plurilingüe Cabo da Area | 2 | 1ª quenda | |
| Dodro | CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón | 24 | 1ª quenda | |
| Brión | IES Brión | 25 | 1ª quenda | |
| As Pontes de García Rodríguez | IES Plurilingüe Castro da Uz | 18 | 1ª quenda | |
| Santiago de Compostela | IES Lamas de Abade | 25 | 1ª quenda | |
| Trazo | CPI de Viaño Pequeno | 16 | 2ª quenda | |
| Cambre | IES Afonso X O Sabio | 25 | 2ª quenda | |
| Santa Comba | IES Terra de Xallas | 25 | 3ª quenda | |
| Porto do Son | IES de Porto do Son | 25 | 3ª quenda | |
| Muros | IES Plurilingüe Fontexería | 19 | 3ª quenda | |
| A Coruña | IES A Sardiñeira | 25 | 3ª quenda | |
| Cedeira | CEIP Nicolás del Río | 22 | 4ª quenda | |
| Outes | CEIP Plurilingüe de Outes | 25 | 4ª quenda | |
| Oroso | CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés | 25 | 6ª quenda | |
| A Coruña | CEIP Plurilingüe Concepción Arenal | 25 | 5ª quenda | |
| Cambre | CEIP Portofaro | 25 | 5ª quenda | |
| Santiago de Compostela | CEIP Plurilingüe de Vite | 20 | 6ª quenda | |
| Boiro | CEIP Plurilingüe de Abanqueiro | 16 | 6ª quenda | |
| Boiro | CEIP Plurilingüe Santa María do Castro | 11 | 6ª quenda | |
| Ferrol | CEIP Plurilingüe A Laxe | 5 | 6ª quenda | |
| Fene | CEIP Plurilingüe Os Casais | 8 | 6ª quenda | |
| Ribeira | CEIP Plurilingüe de Artes | 7 | 5ª quenda | |
| Mazaricos | CPI Plurilingüe da Picota | 19 | 6ª quenda | |
| Provincia de Lugo | ||||
| Baralla | CPI Luís Díaz Moreno | 13 | 1ª quenda | |
| A Fonsagrada | IES Plurilingüe Fontem Albei | 13 | 1ª quenda | |
| Burela | IES Monte Castelo | 25 | 2ª quenda | |
| Burela | IES Perdouro | 25 | 2ª quenda | |
| Vilalba | IES Santiago Basanta Silva | 13 | 3ª quenda | |
| Baleira | CEIP Plurilingüe Concepción López Rey | 9 | 4ª quenda | |
| Mondoñedo | CEIP Plurilingüe Álvaro Cunqueiro Mora | 22 | 4ª quenda | |
| Lugo | CEIP Plurilingüe de Nadela | 10 | 6ª quenda | |
| Provincia de Ourense | ||||
| Ribadavia | IES O Ribeiro | 25 | 2ª quenda | |
| Ourense | IES Universidade Laboral | 25 | 3ª quenda | |
| Ourense | IES Ramón Otero Pedrayo | 25 | 3ª quenda | |
| Os Blancos | CEIP Plurilingüe dos Blancos | 5 | 5ª quenda | |
| A Pobra de Trives | CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso | 8 | 4ª quenda | |
| O Barco de Valdeorras | CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas | 25 | 5ª quenda | |
| A Peroxa | CEIP Roberto Blanco Torres | 6 | 5ª quenda | |
| Provincia de Pontevedra | ||||
| Vigo | IES de Teis | 20 | 1ª quenda | |
| Cangas | IES de Rodeira | 22 | 1ª quenda | |
| Meis | CPI de Mosteiro-Meis | 23 | 2ª quenda | |
| Lalín | IES Laxeiro | 25 | 2ª quenda | |
| O Porriño | IES Ribeira do Louro | 18 | 3ª quenda | |
| Silleda | CEIP Plurilingüe de Silleda | 25 | 4ª quenda | |
| Baiona | CPI de Cova Terreña | 25 | 5ª quenda | |
| Vilagarcía de Arousa | CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro | 23 | 5ª quenda | |
| Redondela | CEIP Plurilingüe de Reboreda | 24 | 4ª quenda | |
| Tui | CEIP Plurilingüe Nº 1 | 23 | 5ª quenda | |
| Tomiño | CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán | 25 | 6ª quenda | |
| Cambados | CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro | 15 | 6ª quenda | |
| Ponteareas | CEIP Plurilingüe de Santiago de Oliveira | 10 | 4ª quenda | |
| Sanxenxo | CEIP Plurilingüe Nantes | 10 | 4ª quenda | |
| A Estrada | CEIP Manuel Villar Paramá | 9 | 5ª quenda | |
| Fornelos de Montes | CEIP Doutor Suárez | 8 | 4ª quenda | |



