Preto de 1.000 alumnos de 54 centros de ensino de toda Galicia mellorarán as súas competencias en inglés nos campamentos Spring Week da Xunta

adminON
Lectura mínima de 7
  • A Consellería de Educación vén de publicar a relación de colexios e institutos seleccionados nesta iniciativa, que é totalmente gratuíta para as familias
  • A actividade, na que participan alumnos entre 5º de Primaria e 2º de ESO, desenvolverase en quendas semanais entre o 22 de marzo e o 23 de maio
  • Enmárcase na aposta do Goberno galego polo impulso das competencias en linguas estranxeiras do alumnado, eido no que Galicia é lider en España

Preto de 1.000 alumnos de 54 centros escolares de toda Galicia mellorarán este curso as súas competencias en inglés nos campamentos Spring Week impulsados pola Xunta cun investimento de preto de medio millón de euros. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de publicar a relación de colexios e institutos seleccionados nesta iniciativa, que é totalmente gratuíta para as familias.

A actividade, na que participan alumnos entre 5º de Primaria e 2º de ESO, desenvolverase en seis quendas semanais entre o 22 de marzo e o 23 de maio. Consiste nunha estadía na que os rapaces conviven nunha contorna de inmersión lingüística, practicando inglés en situacións reais con profesorado nativo e que se realiza no Centro Residencial dos Peares.

Estes campamentos combinan actividades académicas e lúdicas, que que favorecen a convivencia e a motivación dos estudantes para comunicarse en inglés. Deste xeito, ademais de recibir clases, os estudantes participan en obradoiros e actividades de lecer que favorecer a cooperación, a interacción social e o achegamento á cultura anglosaxoa. 

Ademais, de xeito transversal, promóvese a educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sostibilidade e o coñecemento da contorna, segundo se recolle nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

O programa de campamentos Spring Week enmárcase na aposta do Goberno galego polo impulso das competencias en linguas estranxeiras do alumnado. Cómpre lembrar que Galicia vén de consolidarse, por segundo ano consecutivo, como a comunidade con maior nivel de inglés de España segundo o informe anual de Education First (EF).

Cunha puntuación de 563 puntos, 23 máis que a media de España e 73 máis que a media global, Galicia sitúase na táboa de dominio alto da lingua inglesa no contexto mundial, mentres que o conxunto de España queda na de manexo moderado da mesma.

A relación de centros seleccionados por quendas é a recollida na seguinte táboa:

Concello Nome do centro Número de  alumnado Quenda  
Provincia da Coruña
Laxe CPI Plurilingüe Cabo da Area 2 1ª quenda  
Dodro CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón 24 1ª quenda  
Brión IES Brión 25 1ª quenda  
As Pontes de García Rodríguez IES Plurilingüe Castro da Uz 18 1ª quenda  
Santiago de Compostela IES Lamas de Abade 25 1ª quenda  
Trazo CPI de Viaño Pequeno 16 2ª quenda  
Cambre IES Afonso X O Sabio 25 2ª quenda  
Santa Comba IES Terra de Xallas 25 3ª quenda  
Porto do Son IES de Porto do Son 25 3ª quenda  
Muros IES Plurilingüe Fontexería 19 3ª quenda  
A Coruña IES A Sardiñeira 25 3ª quenda  
Cedeira CEIP Nicolás del Río 22 4ª quenda  
Outes CEIP Plurilingüe de Outes 25 4ª quenda  
Oroso CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés 25 6ª quenda  
A Coruña CEIP Plurilingüe Concepción Arenal 25 5ª quenda  
Cambre CEIP Portofaro 25 5ª quenda  
Santiago de Compostela CEIP Plurilingüe de Vite 20 6ª quenda  
Boiro CEIP Plurilingüe de Abanqueiro 16 6ª quenda  
Boiro CEIP Plurilingüe Santa María do Castro 11 6ª quenda  
Ferrol CEIP Plurilingüe A Laxe 5 6ª quenda  
Fene CEIP Plurilingüe Os Casais 8 6ª quenda  
Ribeira CEIP Plurilingüe de Artes 7 5ª quenda  
Mazaricos CPI Plurilingüe da Picota 19 6ª quenda  
Provincia de Lugo
Baralla CPI Luís Díaz Moreno 13 1ª quenda  
A Fonsagrada IES Plurilingüe Fontem Albei 13 1ª quenda  
Burela IES Monte Castelo 25 2ª quenda  
Burela IES Perdouro 25 2ª quenda  
Vilalba IES Santiago Basanta Silva 13 3ª quenda  
Baleira CEIP Plurilingüe Concepción López Rey 9 4ª quenda  
Mondoñedo CEIP Plurilingüe Álvaro Cunqueiro Mora 22 4ª quenda  
Lugo CEIP Plurilingüe de Nadela 10 6ª quenda  
Provincia de Ourense
Ribadavia IES O Ribeiro 25 2ª quenda  
Ourense IES Universidade Laboral 25 3ª quenda  
Ourense IES Ramón Otero Pedrayo 25 3ª quenda  
Os Blancos CEIP Plurilingüe dos Blancos 5 5ª quenda  
A Pobra de Trives CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso 8 4ª quenda  
O Barco de Valdeorras CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas 25 5ª quenda  
A Peroxa CEIP Roberto Blanco Torres 6 5ª quenda  
Provincia de Pontevedra
Vigo IES de Teis 20 1ª quenda  
Cangas IES de Rodeira 22 1ª quenda  
Meis CPI de Mosteiro-Meis 23 2ª quenda  
Lalín IES Laxeiro 25 2ª quenda  
O Porriño IES Ribeira do Louro 18 3ª quenda  
Silleda CEIP Plurilingüe de Silleda 25 4ª quenda  
Baiona CPI de Cova Terreña 25 5ª quenda  
Vilagarcía de Arousa CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro 23 5ª quenda  
Redondela CEIP Plurilingüe de Reboreda 24 4ª quenda  
Tui CEIP Plurilingüe Nº 1 23 5ª quenda  
Tomiño CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán 25 6ª quenda  
Cambados CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro 15 6ª quenda  
Ponteareas CEIP Plurilingüe de Santiago de Oliveira 10 4ª quenda  
Sanxenxo CEIP Plurilingüe Nantes 10 4ª quenda  
A Estrada CEIP Manuel Villar Paramá 9 5ª quenda  
Fornelos de Montes CEIP Doutor Suárez 8 4ª quenda  
Comparte este artigo