Home Ourense Baixa Limia Rivo despide dúas novas promocións dos obradoiros de Celanova e Bande que...

Rivo despide dúas novas promocións dos obradoiros de Celanova e Bande que se formaron en albanerería, atención a dependentes e conservación de montes

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, clausurou os obradoiros duais ‘Terra de benestar’ e ‘O noso camiño’ que implicaron a once concellos da provincia de Ourense

― Amosou o seu convencemento de que con estas accións, financiadas pola Xunta, estase a dinamizar a economía local e a brindar máis e mellores oportunidades ás persoas desempregadas en sectores con demanda de man de obra

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, clausurou hoxe en Bande e Celanova os obradoiros duais de emprego Terra de benestar e O noso camiño, nos que se formaron 40 persoas en especialidades demandadas polo mercado laboral como atención sociosanitaria a dependentes, albanelería ou conservación de montes.
A Xunta de Galicia investiu, por unha banda, máis de medio millón de euros na formación de 20 persoas desempregadas no obradoiro San Rosendo, o noso camiño, que implicou a tres concellos: Bande, Lobeira e Lobios. Rivo entregou os diplomas aos alumnos que se especializaron en operacións auxiliares de albanelería de fábricas cubertas e en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
Grazas a esta actuación, financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, rehabilitáronse lavadoiros, fontes e fornos nos tres concellos e contribuiuse a revalorizar tramos do Camiño.
O obradoiro Terra de benestar, desenvolvido pola Mancomunidade Terra de Celanova, contou coa participación de oito concellos: Cartelle, A Merca, Gomesende, Ramirás, Pontedeva, Celanova, Quintela de Leirado e Verea. Os participantes, neste caso, recibiron os seus diplomas da conselleira Rivo, acompañada no acto polo delegado territorial en Ourense, Gabriel Alén, por rematar a formación en materia de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Tal e como destacou a conselleira, estes obradoiros brindan unha vinculación real entre o alumnado e o mundo laboral, dando novas oportunidades a empresas e traballadores formados no eido dos coidados sociosanitarios, por tratarse dun mercado en crecemento no que respecta á oferta de bens e servizos dirixidos a unha poboación cada vez máis envellecida.
Os obradoiros duais de emprego son ferramentas fundamentais para dotar á nosa poboación de formación de calidade, ao tempo que se desenvolve un traballo produtivo de utilidade pública ou interese social.
A Xunta de Galicia está a destinar na convocatoria 2023-2024 case 40 millóns de euros a organizar obradoiros por toda Galicia, o que permitirá beneficiar máis de 1.400 persoas sen emprego.

Relacionadas

A Xunta lamenta que o Goberno non atendese as súas alegacións ao novo regulamento...

0
― José González remarcou a falta de sensibilidade do Executivo ante a postura defendida por Galicia en coordinación co terceiro sector, desbotando a figura...

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

O 29 de novembro terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel o Seminario sobre...

0
Os concellos ourensáns que forman parte deste futuro AECT serán Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios,  Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños,...

A Xunta desenvolve un proxecto piloto para instalar puntos de carga sostibles en centros...

0
— Ángeles Vázquez subliña que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinará 170.000 euros para financiar actividades e formación de persoal e...

Publicacións Relacionadas