Free Porn
xbporn
Home Ourense O Carballiño Rivo pon en valor no Carballiño as axudas da Xunta ás persoas...

Rivo pon en valor no Carballiño as axudas da Xunta ás persoas autónomas para que sigan consolidando riqueza e emprego no territorio

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou negocios nesta localidade e sinalou que xa se recibiron máis de 2.100 solicitudes para optar ás axudas para a promoción do emprego autónomo, que inclúen cota cero para as novas altas


― Destacou os preto de 80 proxectos atendidos no Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño e que o 55% das persoas titorizadas son mulleres

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe negocios da localidade ourensá do Carballiño, onde puxo de relevo os apoios autonómicos ás persoas traballadoras autónomas. Alí, destacou que xa se contabilizan máis de 2.100 solicitudes de profesionais que queren optar ás axudas para a promoción do emprego autónomo, incluída a cota cero para novas altas.
Así, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, explicou Rivo, mantén aberto ata o 30 de setembro o prazo de solicitude para financiar os primeiros gastos da actividade dos traballadores por conta propia a través de dúas liñas que suman un orzamento de 28,9 millóns de euros. Neste total inclúese unha partida de 9,6 millóns de euros para subvencionar ao 100% a cota reducida dos novos autónomos durante os 12 primeiros meses de actividade.
O Diario Oficial de Galicia convocou este mesmo luns outros dous programas de axudas ao emprego autónomo que suman 9,5 millóns de euros. Diríxense, por unha banda, aos traballadores autónomos que teñan unha antigüidade superior aos 42 meses para que poidan ofrecer novos servizos e realizar investimentos que impulsen a súa capacidade competitiva (Bono Autónomo) e, por outra, axudar aos profesionais por conta propia que desexen volver emprender tras o cesamento de actividade (Bono nova oportunidade).

Polo do Carballiño
Na visita, a conselleira tamén aproveitou para poñer en valor o traballo feito desde o Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño. Así, das máis de mil persoas emprendedoras atendidas en toda Galicia, arredor de 240 proxectos foron asesorados na provincia de Ourense e, deles, preto de 80 pasaron polo Polo do Carballiño. Das persoas emprendedoras que acudiron ao centro, o 55% son mulleres e o 45% homes. Con todas elas lévanse realizado un total de 190 titorías.
No eido do emprego, cómpre referirse tamén á última enquisa de poboación activa (EPA) de 2023, que amosa que Galicia pechou o ano con menos paro, máis emprego e de maior calidade e con máis persoas activas que o exercicio anterior. As cifras son boas tanto a nivel xeral como nos colectivos prioritarios.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

Publicacións Relacionadas