Home Ourense Allariz-Maceda Rivo recolle as demandas do sector do transporte nunha xuntanza coa patronal...

Rivo recolle as demandas do sector do transporte nunha xuntanza coa patronal Apetamcor

- Anuncio -

― A consellería de Promoción do Emprego e igualdade, Elena Rivo, reuniuse en Baños de Molgas coa secretaria xeral da Asociación empresarial do transporte de mercancías por estrada de Galicia (Apetamcor), Myriam Otero

― A Xunta de Galicia está a modernizar os seus servizos de emprego coas últimas tecnoloxías para cubrir a demanda de postos e carencias que afectan ao transporte e outros sectores de actividade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, mantivo hoxe unha xuntanza coa secretaria xeral da Asociación empresarial de transporte de mercadorías por estrada de Galicia (Apetamcor), Myriam Otero, e cun grupo de profesionais de Perú contactados en orixe por unha empresa do sector. Estes condutores estanse a formar en Galicia para poder establecer aquí o seu proxecto vital e cubrir as vacantes que non é posible atender con profesionais da comunidade.

A representante autonómica recolleu as demandas do sector e comprometeu o estudo das mesmas, habida conta que unha das principais peticións ten que ver coa escaseza de profesionais, aspecto no que a Xunta de Galicia está a traballar con representantes desta e doutras actividades.

Para optimizar o casamento entre a demanda de man de obra e a oferta, a comunidade está a modernizar as oficinas de emprego e a implementar unha nova texnoloxía baseada na intelixencia artificial. A través de EMi, que se está a implantar de xeito gradual no servizo galego de emprego, axustaranse as necesidades do mercado laboral en tempo real aos perfís das persoas candidatas grazas aos avances da intelixencia e analítica de datos.

Recentes estatísticas contabilizan en Galicia máis de 15.000 vacantes en empresas de 10 ou máis asalariados. A Xunta de Galicia ten un compromiso permanente con todas as galegas e os galegos: conseguir un emprego de calidade, un mercado laboral dinámico e inclusivo e un crecemento económico intelixente.

Relacionadas

A Xunta nomea os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva co inicio do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu ao acto de renovación deste organismo enmarcado na Lei do Deporte de Galicia O conselleiro de Presidencia,...

Galicia solicita no Senado a revisión do nivel de protección do lobo e que...

0
Ángeles Vázquez insiste na necesidade de adoptar medidas ante a situación insostible que está a soportar o sector gandeiro polo elevado número de ataques...

A Xunta pon en marcha a sexta edición da campaña escolar Pilabot para concienciar...

0
— Os 150 colexios de Primaria e Secundaria participantes terán seis semanas lectivas para xuntar este tipo de residuos, con prazo límite ata o...

A Deputación mobilizará varios vehículos para espallar sal nas estradas provinciais ante a previsión...

0
Debido aos prognósticos das axencias meteorolóxicas por avisos de temperaturas mínimas e posibles xeadas para esta madrugada, e co fin de garantir a seguridade...

A Deputación fai efectiva a cesión da estrada de San Vicente, en Vilamartín de...

0
O presidente provincial, Luis Menor, celebrou unha xornada de traballo na comarca de Valdeorras, na que o Consorcio de Augas aprobou os orzamentos de...

A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de...

Publicacións Relacionadas