Home A Coruña Román Rodríguez anuncia un investimento de 1,65M€ no claustro grande do Mosteiro...

Román Rodríguez anuncia un investimento de 1,65M€ no claustro grande do Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes

- Anuncio -

— O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade visitou hoxe este conxunto arquitectónico no que se actuará no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

— O obxectivo é garantir a conservación do monumento ao tempo que se mellora o sistema construtivo e se promove como recurso cultural e turístico

— Esta nova achega súmase aos 2,3M€ investidos xa pola Xunta de Galicia neste Ben de Interese Cultural nos últimos anos

O Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes contará cun novo investimento de 1,65M€ para mellorar a conservación do Claustro Grande. Así o anunciou hoxe nunha visita o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, quen informou que este é unha das iniciativas propostas pola Xunta de Galicia para formar parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Na súa visita, o responsable autonómico de Cultura explicou que o proxecto de restauración porase en marcha nas vindeiras semanas co inicio do proceso administrativo. “A nosa previsión é que os traballos nesta xoia patrimonial, de especial importancia para toda Galicia pola súa vinculación co Camiño de Santiago, estean completados antes de que remate o ano 2023”, sinalou.

O proxecto centrarase nos sistemas construtivos do claustro grande do mosteiro a través da renovación da cuberta de tella. Para iso, mellorarase o seu aspecto e comportamento para favorecer a ventilación e impermeabilización. Tamén se renovará o illamento térmico co fin de incrementar a eficiencia enerxética do edificio. Todas estas accións, tal e como precisou Román Rodríguez, faranse tendo en conta a existencia de fauna protexida na zona, adoptando as medidas máis axeitadas de protección e salvagarda.

O obxectivo, tal e como explicou o conselleiro, é mellorar a conservación do monumento e abrir á visita pública este terceiro claustro dotándoo de materiais de interpretación e expositivos para o seu uso cultural e turístico. “Este ben é un dos principais mosteiros de orixe medieval de Galicia e a nosa obriga é contribuír a súa conservación ao tempo que compaxinamos a protección co seu uso como recurso sostible e activo que mellore a calidade de vida da zona na que se atopa”, afirmou.

Neste senso, Román Rodríguez lembrou que o Mosteiro de Santa María de Sobrado, cun papel complementario como albergue de peregrinos, goza do máximo nivel de protección patrimonial, xa que ademais de recoñecido como Ben de interese Cultural, está asociado a declaración de Patrimonio Mundial dos Camiños do Norte.

Últimos traballos
Esta nova achega para mellorar a zona do claustro grande súmase aos 2,3 M€ investidos xa pola Xunta de Galicia na conservación do Ben de Interese Cultural nos últimos anos e na creación dun albergue público para peregrinos. Cómpre lembrar que o Goberno galego actuou no conxunto monumental do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes cun proxecto integral que permitiu eliminar as filtracións de auga, humidades e contaminación biolóxica. Ademais, nesa ocasión tamén se renovou de forma íntegra a cuberta da igrexa, limpáronse os muros e melloráronse as condicións de habitabilidade e accesibilidade da igrexa acondicionando como espazo de lectura a antiga capela dos monxes no claustro da Hospedería.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas