Home Xunta de Galicia Román Rodríguez avalía co embaixador de España da UNESCO as tres candidaturas...

Román Rodríguez avalía co embaixador de España da UNESCO as tres candidaturas galegas a Patrimonio da Humanidade

- Anuncio -

— O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades mantivo un encontro con José Manuel Rodríguez Uribes en Rabat no marco do 17 Comité Intergubernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial

— A Xunta de Galicia traballa para que tres bens da nosa Comunidade acaden o máximo recoñecemento da Unesco: a Ribeira Sacra, as Illas Cíes – Parque Nacional das Illas Atlánticas e Cidade de Ferrol. Porto da Ilustración

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse esta semana co embaixador de España na Unesco, José Manuel Rodríguez Uribes, para avaliar o estado das candidaturas galegas a Patrimonio da Humanidade. Trátase dun encontro que se celebrou en Rabat no marco do 17 Comité Intergubernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial, no que se aprobou a entrada do proxecto educativo galego Ponte…nas Ondas! no Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco.

Tras a xuntanza, o responsable autonómico de Cultura explicou que o encontro serviu para compartir o traballo que está a facer o Goberno galego para impulsar os expedientes de Ribeira Sacra, Illas Cíes – Parque Nacional das Illas Atlánticas e Cidade de Ferrol. Porto da Ilustración co máximo rigor e calidade. “Mantemos un compromiso firme coas tres candidaturas e cremos no seu potencial para acadar o máximo recoñecemento da Unesco”, salientou Román Rodríguez.

Neste senso, o conselleiro gabou o labor, colaboración e compromiso do actual representante para avanzar xunto cos técnicos do Ministerio de Cultura na elaboración destes expedientes e garantir así o seu éxito. “Temos tres propostas potentes e con posibilidades que debemos impulsar desde un traballo técnico e de calidade”, engadiu.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

A Xunta defende a utilidade pública do deporte como fonte de saúde e benestar

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde no III Foro Económico Español ‘A Galicia que vén’, celebrado na Coruña,...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Semana Santa consolida a crecente mellora da rendibilidade hoteleira, que medrou un 15%...

0
Ademais, Galicia medrou por riba da media na súa demanda turística ese mes O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos...

A Xunta Reúnese Cos Axentes Sociais e Económicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para...

0
— Foi a primeira reunión técnica deste grupo de traballo, que entregará o traballo aos gobernos de España e Portugal antes do próximo Cumio...

Publicacións Relacionadas