Home Tabeirós Forcarei Román Rodríguez avanza un investimento de preto de 800.000€ do goberno da...

Román Rodríguez avanza un investimento de preto de 800.000€ do goberno da Xunta na mellora dos dous colexios de Forcarei

- Anuncio -

— O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, acompañado polo delegado Luis López, anuncia a licitación das obras do Nosa Señora das Dores, que visitou esta mañá, e do colexio de Soutelo de Montes

— Explica que as intervencións -que abranguen as fachadas, as cubertas e as carpintarías- faranse de acordo do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para o impulso de centros educativos máis sostibles, confortables e innovadores

A Xunta de Galicia vai investir preto de 800.000€ en obras de mellora dos dous colexios públicos de Forcarei, o CEIP Nosa Señora das Dores e o CEIP de Soutelo de Montes. Así o anunciou esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nunha visita ao primeiro deles acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López. O titular de Educación avanzou que o seu departamento vén de licitar estas dúas intervencións que suporán “un salto de calidade” no que atinxe ás infraestruturas educativas deste concello.

Segundo o proxecto da Consellería, a actuación no colexio Nosa Señora das Dores acada un investimento de case 491.000€ e abrangue a colocación de illamento térmico no exterior do edificio, a substitución das carpinterías exteriores de aulas de Educación Infantil e a instalación de persianas e unha intervención sobre os canlóns de baixantes.

Ao igual que no Nosa Señora das Dores, no caso do colexio de Soutelo de Montes -cun orzamento de 301.000€- tamén se acometerán melloras na fachada coa colocación de illamento térmico e a substitución das carpinterías. Así mesmo, neste centro procederase á reparación da cuberta e dos canlóns de baixantes.

Inicio das obras no último trimestre do ano
Segundo explicou o conselleiro, unha vez concluídos os trámites de licitación e adxudicación, a previsión é comezar as obras no último trimestre do ano e que estean concluídas en 2023. En todo caso, Román Rodríguez explicou que as obras son compatible coa actividade lectiva, polo que non van interferir no desenvolvemento das clases.

Todas as actuacións levaranse a cabo seguindo as directrices marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia que, segundo lembrou o conselleiro, é a folla de ruta do Goberno galego para acadar infraestruturas educativas “máis sostibles, máis confortables e máis innovadoras”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas