HomeXunta de GaliciaRomán Rodríguez felicita aos estudantes galegos de FP que se alzaron con...

Román Rodríguez felicita aos estudantes galegos de FP que se alzaron con sete medallas en SpainSkills

- Anuncio -spot_img

Os dos ouros, que recaeron en Héctor Sánchez na modalidade Tecnoloxía do automóbil e en Manuel Prada en Tecnoloxía de vehículos pesados, representarán a España no campionato mundial de Shanghai en setembro e no europeo de Alemaña en 2027

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, felicitou hoxe aos estudantes galegos de FP que veñen de alzarse con sete medallas no campionato SpainSkills celebrado esta fin de semana en Madrid, a razón de dúas de ouro, dúas de prata e outras tres de bronce.

O representante da Xunta de Galicia recibiu na Cidade da Cultura aos premiados e transmitiulles os parabéns acompañado pola directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez. “O voso esforzo, talento e profesionalidade é un exemplo da Galicia Calidade que estamos a construír en todos”, sinalou o conselleiro, que se comprometeu a seguir reforzando estas ensinanzas como “un referente de excelencia a nivel estatal” grazas a unha aposta continua pola innovación e o diálogo co territorio e co tecido empresarial.

Román Rodríguez agradeceu tamén a implicación dos centros educativos e das 70 persoas integrantes da delegación galega, entre alumnos e profesorado, que durante estes días “deron todo o mellor de si” ante toda España.

Estudantes galegos premiados
Tras o éxito obtido no certame estatal, os alumnos Héctor Sánchez do CIFP Politécnico de Santiago (ouro na modalidade Tecnoloxía do automóbil) e Manuel Prada, do CIFP Someso da Coruña (ouro na modalidade Tecnoloxía de vehículos pesados) participarán coa delegación española no campionato mundial en Shanghai (China) previsto para setembro de este ano, e no campionato europeo que se celebrará en Alemaña en 2027.

Ademais destes dous ouros, obtiveron medalla de prata Xoel Teijeiro e Abraham Martín (CIFP Politécnico de Lugo) na modalidade de Mecatrónica e Mateo Lema (CIFP Paseo das Pontes da Coruña) na modalidade de Panadaría.

As tres medallas de bronce foron para Radoslw Lisiecki (IES Aller Ulloa de Lalín) na modalidade de Desenvolvemento web, Anxo Silva (IES Plurilingüe Losada Diéguez da Estrada) na modalidade de Ebanistaría e Martín Muíño (IES San Clemente de Santiago de Compostela) na modalidade TIC Administración de sistemas en rede.

Publicacións Relacionadas