Home Pontevedra Román Rodríguez gaba a adaptación da Facultade de Dirección e Xestión Públlica...

Román Rodríguez gaba a adaptación da Facultade de Dirección e Xestión Públlica de Pontevedra aos novos tempos coa introdución da modalidade en liña

- Anuncio -

— O grao impartido neste centro universitario da UVigo pode cursarse en liña de xeito íntegro e completarse cun máster tamén na modalidade virtual

— ”Isto permite o acceso a estas ensinanzas non só aos máis novos, senón tamén a profesionais do sector que queren completar a súa formación”, destaca o conselleiro

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe a facultade de Dirección e Xestión Pública do Campus de Pontevedra, xunto co reitor da universidade de Vigo, Manuel Reigosa. Trátase dun centro creado o pasado verán para unir todas as titulacións relacionadas coa dirección, a xestión pública e o liderado institucional da Universidade de Vigo. Ata o momento estas ensinanzas impartíanse na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación xunto coas titulacións de grao e máster relacionadas coa comunicación, publicidade e relacións públicas.

Na nova facultade impártese o grao en Dirección e Xestión Pública, do que o conselleiro destacou o seu esforzo para adaptar o seu plan de estudos aos novos tempos e na posta en marcha da dobre modalidade de asistencia: presencial e virtual. ”Isto permite o acceso a estas ensinanzas non só aos máis novos, senón tamén a profesionais do sector que queren completar a súa formación e que poden realizar todo o proceso, desde a matrícula á avaliación, a través de internet”, sinalou o conselleiro.

O centro universitario acolle tamén as ensinanzas do máster en Dirección Pública e Liderado Institucional, de xeito íntegro en modalidade virtual, polo que se pode realizar todo o itinerario formativo en liña.

Relacionadas

O BNG celebra unha xuntanza veciñal en Seixo o xoves 25 de abril

0
A xuntanza terá lugar na Casa de Cultura ás 20:30h co asunto de amosar as iniciativas ademais de recoller propostas e necesidades da veciñanza. O...

Quince persoas fórmanse en limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais

0
Esta acción inclúe prácticas non laborais en empresa. Ao remate recibirán un certificado de profesionalidade nun sector que conta con gran demanda de man...

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

Publicacións Relacionadas