Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia Román Rodríguez gaba a creatividade dos 77 alumnos de 11 centros educativos...

Román Rodríguez gaba a creatividade dos 77 alumnos de 11 centros educativos premiados polas súas ideas de negocio no concurso ‘Atrévete a ter unha idea’

- Anuncio -

— “Hai unha gran valentía nas vosas propostas e ese valor é o que debe levarvos a traballar para cambiar as cousas”, sinala o representante da Xunta


— Enmarcado no Plan Eduemprende, o concurso busca promover o espírito proactivo e colaborativo dos alumnos e inclúe visitas a asociacións empresariais e centros de FP

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presidiu o acto de entrega de premios a un total de 77 alumnos de 11 centros de Primaria e Secundaria que resultaron galardoados no certame Atrévete a ter unha idea, unha iniciativa da Xunta de Galicia enmarcada no Plan Eduemprende que promove o emprendemento entre os escolares.
O responsable da área de Educación do Goberno galego gabou a calidade e a creatividade dos proxectos presentados e animou aos alumnos a seguir a senda do traballo e a responsabilidade. “Hai unha gran valentía en todas as vosas propostas, e é precisamente o valor o que debe levarvos a traballar para cambiar as cousas para mellor”, sinalou dirixíndose aos asistentes ao acto que tivo lugar no Centro Integrado de FP CIFP Politécnico, en Santiago, e que contou coa presenza de representantes de distintas entidades empresariais de Galicia.
Román Rodríguez destacou a importancia de fomentar a cultura emprendedora desde o sistema educativo como vector de transformación do conxunto da sociedade. Neste senso, comprometeuse a seguir impulsando accións para o apoio ás iniciativas que xurdan do traballo entre o alumnado e o profesorado como os programas de fomento da cultura emprendedora, a rede de aulas de emprendemento e a rede de viveiros de empresa
Competencias persoais e sociais
Enmarcado no Plan Eduemprende, o concurso ten entre os seus obxectivos promover as competencias persoais e sociais, relacionadas co emprendemento, que fomenten un espírito crítico, proactivo e colaborativo entre o alumnado así como dar a coñecer aos estudantes o tecido industrial.

O concurso conta con catro modalidades de participación –individual Educación Primaria, individual Educación Secundaria, grupal Educación Primaria e grupal Educación Secundaria– e son premiadas as tres mellores ideas de cada categoría. O alumnado galardoado recibe un dispositivo dixital ou unha experiencia multiaventura, segundo o premio sexa individual ou grupal, respectivamente.

Primaria
Os proxectos premiados na modalidade individual de Primaria foron desde unha empresa de aluguer de bicicletas eléctricas desenvolvida polo colexio CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo), ata unha máquina que corta e coloca a leña, pensada no CEIP Vicente Risco (Cualedro), pasando por un coche que funciona con enerxía eólica e que foi ideado por un alumno do CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro (Vigo).

Na categoría grupal de Primaria, as ideas que mereceron recoñecemento foron un hotel no que a clientela pode cultivar as súas propias hortalizas, proposto polo CEIP Plurilingüe de Carballedo (Cerdedo-Cotobade); unha cesta que calcula o prezo dos produtos que se queren adquirir antes de chegar á caixa, ideado polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Riomaior (Vilaboa), e un proxecto co que reaproveitar as instalacións da antiga central térmica de As Pontes, deseñado no CEIP Plurilingüe A Fraga (As Pontes).

Secundaria
O alumnado premiado en individual de Secundaria propuxo ideas como un espazo artístico multidisciplinar, desde o IES Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes); unha empresa de pendentes personalizables, creada no CPR Plurilingüe Lar (Mos); e un servizo de limpeza integral de zapatillas, nacido no IES Alexandre Bóveda (Vigo).

Finalmente, na modalidade grupal de Secundaria, foron premiados o IES Eduardo Pondal (Santiago de Compostela), cunhas gafas que se adaptan ás necesidades do usuario e que ademais permiten cargar outros dispositivos grazas á enerxía solar. Tamén recibiron recoñecemento as ideas do IES Leliadoura (Ribeira), que presentou unha axencia de viaxes personalizadas e especializada no Barbanza e a do CPR Plurilingüe Lar (Mos), que propón unha máquina expendedora que permite facer a compra a persoas con mobilidade reducida.

ModalidadeCentroConcelloIdea de negocio
Premio individual Educación PrimariaCEIP Xesús San Luís RomeroCarballoEco ciclo
CEIP Vicente RiscoCualedroCortaleña
CEIP Plurilingüe Pintor LaxeiroVigoCoche eólico
Premio grupal Educación PrimariaCEIP Plurilingüe A FragaAs Pontes de García RodríguezA gran central espacial
CEIP Plurilingüe de CarballedoCercedo-CotobadeHortatel Carballedo
CEIP Plurilingüe de RiomaiorVilaboaCaretillo 3000
Premio individual Educación SecundariaIES Plurilingüe Castro da UzAs Pontes de García RodríguezTúa expresión
CPR Plurilingüe LarMosPendentes magnetizados
IES Alexandre BóvedaVigoZapas como novas
Premio grupal Educación SecundariaIES Eduardo PondalSantiago de CompostelaVistas futuristas
IES LeliadouraRibeiraCornamusa
CPR Plurilingüe LarMosMAC-PV

Relacionadas

Lorenzana anuncia que as empresas poderán solicitar solo industrial gratuíto durante os oito primeiros...

0
— A medida pon a disposición das empresas máis de medio millón de metros cadrados en réxime de dereito de superficie a custo cero...

Rueda defende unhaa reforma do financiamiento autonómico nun marco multilateral

0
 Sostén que cómpre seguir loitando para “que a igualdade básica entre todos os españois se manteña”  Avoga por poñer en marcha políticas públicas...

A campaña GALICIA SABE AMAR desembarca na capital coruñesa para levar a calidade dos produtos...

0
- A iniciativa, retomada pola Consellería do Mar no pasado mes de agosto, estará presente con catro foodtrucks na explanada de Riazor para que...

A Xunta pon en valor os premios de executivas de Galicia e as recoñecidas...

0
— O conselleiro destacou as achegas da catedrática Mª Emilia Casas Baamonde -entre outras- para aplicar a perspectiva de xénero ao Dereito e as...

A Xunta pon en valor o traballo da Policía para consolidar Galicia como unha...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Marta Barreiro, participaron hoxe na conmemoración...

O Murallón de Son celebra a súa terceira edición co apoio da Xunta para...

0
— Incorpórase á listaxe dos 11 festivais apoiados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da convocatoria anual de axudas e dos...

Publicacións Relacionadas