Home Xunta de Galicia Román Rodríguez salienta que os polos creativos marcarán "un antes e un...

Román Rodríguez salienta que os polos creativos marcarán “un antes e un despois na educación galega do século XXI”

- Anuncio -

— Sinala que a Xunta vai incorporar estes espazos tecnolóxicos a todos os centros que imparten 2º ciclo de Infantil, Primaria e ESO a partir do vindeiro curso

— Con esta acción, enmarcada na Estratexia Galega de Educación Dixital, búscase “garantir que os rapaces saian da escola preparados para os retos da sociedade actual”

— Cun investimento de 19M€, despregaranse máis de 80.000 elementos de equipamento especializado de audiovisual e fotografía, electrónica e robótica, fabricación e construción e téxtil e informática, adaptados a cada nivel ao que van dirixidos

— Alumnos e profesorado explicaron nos stands os seus proxectos nunha xornada que se abriu cun relatorio de LLuís Miralles i Verge, xefe de proxectos do CER

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, salienta a aposta do Goberno Galego por un sistema de ensino innovador e adaptado ás novas necesidades de futuro no que os Polos Creativos van marcar “un antes e un despois na educación galega do século XXI”.

Así o sinalou esta mañá con motivo da súa participación nas Xornadas de exhibición dos mellores proxectos de Polos logo do seu primeiro curso de implantación, no que a Consellería entregou os galardóns a 21 colexios e institutos que destacaron polas súas propostas. A xornada abriu cun relatorio de Lluís Miralles i Verge, xefe de proxectos do CERN, e completouse cun percorrido polos stands onde os asitentes puideron coñecer da man do alumnado e do seu profesorado cada unha das propostas premiadas.

Na súa intervención, Román Rodríguez explicou que a partir do vindeiro curso o cen por cen dos colexios e institutos sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas regradas de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria van contar con estes espazos tecnolóxicos. Segundo dixo, a ampliación desta acción, que se puxo en marcha de xeito pioneiro no presente curso, responde “á obriga da Administración de proporcionar ferramentas para que os nosos rapaces cheguen á idade adulta coa mellor formación posible”. “Temos que garantir que saian da escola preparados para os retos da sociedade do século XXI”, abondou.

A este obxectivo responde precisamente a dotación de Polos Creativos, configurados como espazos de innovación educativa onde os alumnos poder levar á práctica os coñecementos teóricos adquiridos a través da resolución de problemas reais. “Todo isto -explicou o conselleiro- permite que os alumnos cheguen á clase ilusionados e saian dela coa sensación de que o aprendido ten utilidade”.

De feito, así o puido comprobar na visita aos expositores onde os centros galardoados exhibían as súas propostas, realizadas a raíz dun reto lanzado pola Consellería que consistía en elaborar iniciativas a partir do material de refugallo que se lles enviou co material dos Polos Creativos (caixas, palés, plásticos…).

Lanzáronse seis retos: mellor material científico-matemático, mellor material didáctico-demostrativo, mellor proxecto artístico, mellor solución de accesibilidade e convivencia, mellor recurso de comunicación cultural/social e mellor proxecto de fomento de hábitos de vida saudable. En total, presentáronse 75 propostas, das cales foron seleccionadas as 21 mellores a razón de seis de centros de Primaria e outros seis de Secundaria que se alzaron cos primeiros premios, 8 accésit e unha mención de honra (a listaxe de premiados coa descrición dos proxectos pode consultarse no documento adxunto).

80.000 unidades de equipamento especializado
A partir do vindeiro curso máis de 1.200 centros educativos (uns 1.000 novos que se engade aos 225 polos que xa funcionan este curso) contarán con este servizo, grazas a un investimento de 18,7M€ por parte da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, aprobado onte no Consello da Xunta. Tamén disporán do material todas as aulas hospitalarias e haberá conxuntos de equipos específicos para a atención domiciliaria.
En total, despregaranse máis de 80.000 unidades de equipamento especializado de audiovisual e fotografía, electrónica e robótica, fabricación e construción e téxtil e informática, con kits adaptados aos niveis educativos aos que van dirixidos. Haberá equipos de electrónica básicos e avanzados para diferentes idades, robots de chan e programables, placas microbit, microcontroladores, sistemas domóticos, circuítos de papel, escaneado e impresión 3D, tabletas, xogos de construción de pezas encaixables e sistemas para a creación de audiovisuais, entre outros.

Relacionadas

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos de conservación...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de...

A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes...

0
O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente O...

Un total de 431 colexios e institutos desenvolven clubs de lectura grazas ao...

0
— Este curso sumáronse 53 novos centros a esta iniciativa da Consellería de Educación, que financia con 400.000 € a adquisición de fondos e...

Medio milleiro de persoas obtiveron ou renovaron o ano pasado a habilitación como persoal...

0
A través dos cursos de seis horas realizados na Academia Galega de Seguridade Pública para adaptarse aos requisitos esixidos no decreto que regula as...

A Xunta aposta pola conservación de monumentos naturais de Galicia como a Praia das...

0
As rexistradas ata o momento roldan esa cifra, polo que se agarda que, malia as malas previsións meteorolóxicas, o número final se achegue á...

Publicacións Relacionadas