Home O Salnés O Grove Rosa Quintana destaca a labor da Confraría do Grove para darlle valor...

Rosa Quintana destaca a labor da Confraría do Grove para darlle valor á centola, que ven de pechar a mellor camaña en Galicia da última década

- Anuncio -

― A veda da especie comezou a semana pasada no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra e hoxe iníciase na costa lucense

― As descargas deste crustáceo desde novembro do ano pasado case duplican a media rexistrada no último decenio e os ingresos derivados da súa venda son un 66% superiores á media dos dez anos anteriores

― A lonxa do Grove é a que rexistra unha maior facturación pola comercialización deste recurso, cun prezo medio de case 14 euros o quilo, grazas ao traballo realizado para enxalzar as especiais características do recurso capturado pola frota local mediante unha marca de calidade propia

― A conselleira do Mar tamén abordou cos representantes da confraría outros asuntos como a posible ampliación da lonxa

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo hoxe un encontro con representantes da confraría de pescadores do Grove no que analizou distintos asuntos de interese da entidade así como a evolución do sector pesqueiro da zona nos últimos meses. Neste sentido, salientou o gran labor desenvolvido polos profesionais de portos como o Grove para darlle valor aos seus produtos estrela, caso da centola, que esta campaña marcou en Galicia os mellores rexistros da última década tanto en capturas como en ingresos.
A titular de Mar lembrou que a veda desta especie comezou a semana pasada no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra e que hoxe comeza na costa lucense. Desde novembro do ano pasado ata a actualidade, subliñou, as lonxas galegas comercializaron preto de 640 toneladas de centola que xeraron máis de 5,6 millóns de euros de facturación. Estas cifras, que aínda son provisionais, supoñen un incremento das descargas do 63% en relación coa campaña anterior e case duplicar a media dos dez anos anteriores -que era de preto de 325 toneladas- e unha suba do 30% e do 66% respectivamente no caso dos ingresos.
A representante do Executivo galego explicou que o labor dos propios pescadores e das confrarías é fundamental para mellorar as cotizacións de produtos coma este e salientou o bo traballo realizado pola confraría do Grove neste eido pois conta cun selo de calidade -Centolo do Grove- para diferenciar o crustáceo capturado pola frota local e impulsar os prezos que obtén no mercado.
De feito, a lonxa do Grove é a primeira da comunidade en canto a ingresos obtidos pola venda desta especie, con máis dun millón de euros na última campaña, como consecuencia dese traballo para impulsar o seu prezo medio resaltando a calidade do produto. Ese labor permitiu que o quilo de centola rozase na lonxa local os 14 euros, un prezo medio dos máis altos de Galicia.
Outros asuntos
Rosa Quintana, que estivo acompañada por varias representantes do equipo directivo da Consellería, tamén abordou outros asuntos de interese para a confraría como a posibilidade de ampliar a lonxa do Grove. Neste sentido, a titular de Mar explicou que Portos de Galicia está a realizar estudos preliminares sobre o posible proxecto e mantendo contactos para buscar a mellor forma de atender as demandas e os intereses de todos os actores implicados da zona.

Relacionadas

A Biblioteca Municipal de Mos María Magdalena inaugúrase cunha ampla representación da gran familia...

0
O novo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, José López Campos, asistiu ao que foi un acto tremendamente emotivo e familiar A Biblioteca Municipal...

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

Publicacións Relacionadas