Home Xunta de Galicia Rueda destaca a aposta da Xunta pola conservación da rede de parques...

Rueda destaca a aposta da Xunta pola conservación da rede de parques naturais de Galicia ao destinar preto de 3 M€ a este tipo de actividades

- Anuncio -

 Salienta distintas actuacións que o Goberno galego está a desenvolver no Monte Aloia, entre as que destacan a eliminación de especies invasoras como as acacias ou a elaboración dunha guía e dun plano informativos para os visitantes


 A Administración autonómica destina tamén preto de 1,4 millóns de euros a máis dun cento de axudas para concellos, asociacións, empresas e particulares co obxectivo de impulsar proxectos de preservación e posta en valor dos 6 parques naturais galegos

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o compromiso do Goberno galego coa preservación da Rede de Parques Naturais de Galicia, un obxectivo para o que se destinan preto de 3 millóns de euros.

Así o salientou durante unha visita esta mañá ao Monte Aloia, que foi o primeiro parque natural declarado en Galicia, fai xa preto de 50 anos. Durante a súa visita, na que estivo acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, subliñou que pasear por algunha das súas sendas, que suman preto de 10 quilómetros, permite facer tamén un percorrido pola historia do patrimonio natural galego.

No caso concreto do Monte Aloia, a Xunta está a desenvolver diferentes actuacións, entre as que destacan a eliminación de especies invasoras como as acacias –o obxectivo é actuar en preto de 30 hectáreas ata 2026–; a elaboración dunha guía e dun plano con información para os visitantes; así como traballos de mantemento, conservación, recuperación e rehabilitación de hábitats, rutas, camiños e zonas de uso público. Tamén quixo recoñecer o traballo e cooperación das persoas involucradas nestas iniciativas, como é o caso das comunidades de montes “que traballan man a man coa Xunta para poder ter estas pequenas marabillas que existen en Galicia”, afirmou.

Un compromiso de todos
Co obxectivo de preservar estes espazos protexidos e garantir que os seus valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos perduren no tempo, Rueda tamén fixo referencia á reserva dunha partida de 1,3 millóns de euros nos orzamentos do vindeiro ano.

A este investimento, súmanselle preto de 150.000 euros –máis de 36.700 euros para o Monte Aloia– que destina o Goberno galego para labores paisaxísticos nos 6 parques naturais galegos.

Así mesmo, explicou que entre este ano e o que o vén a Xunta destina preto de 1,4 millóns de euros en axudas a máis dun cento de proxectos de concellos, asociacións, empresas e particulares co obxectivo de impulsar actuacións de conservación e posta en valor destes espazos naturais, ao mesmo tempo que avogou por seguir colaborando entre todos na protección da rica biodiversidade de Galicia. “Estas marabillas están para desfrutar, para conservar e para traspasar aos que veñan despois de nós”, finalizou.

Relacionadas

Ángeles Vázquez avoga por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas de biosfera

0
Fai fincapé na necesidade de implicar á xuventude no desenvolvemento de iniciativas e actuacións que contribúan a garantir a conservación da biodiversidade A conselleira de...

A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o equipamento e...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Publicacións Relacionadas