— Asegura que ferramentas coma as residencias artísticas son “motores” para garantir “o futuro” do sector cultural
— A Xunta poñerá en marcha nos vindeiros meses a Rede Adival co obxectivo de garantir que haxa programacións culturais regulares no rural galego
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o compromiso do Goberno autonómico coa cultura a través de diferentes medidas para apoiar aos novos creadores e a proxectos artísticos innovadores.
Así o destacou durante a inauguración da residencia artística e do centro da UNED de Ponteareas, na que estivo acompañado polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a cal puxo como exemplo de ferramenta para aproveitar todo potencial e o talento de novos artistas. “Na cultura tamén hai startups, que son motores do sector e que temos que apoiar”, indicou tras resaltar que as novas instalacións de Ponteareas son unha aposta “polo futuro” do eido cultural.
Ademais, Xunta aposta por achegar a cultura a toda a comunidade. Por iso está levando a cabo diferentes medidas para dinamizar a cultura tanto en grandes cidades como nas vilas, entre as que destacan iniciativas Rede Adival, que se poñerá en marcha nos vindeiros meses co obxectivo de garantir que haxa programacións culturais regulares no rural galego.

