test
Home Xunta de Galicia Rueda eloxia as iniciativas turísticas que xeran riqueza e conseguen que Galicia...

Rueda eloxia as iniciativas turísticas que xeran riqueza e conseguen que Galicia siga estando de moda os doce meses do ano

- Anuncio -
  • Destaca o proxecto como un exemplo de turismo sustentable e de calidade
  • A falta dos últimos datos completos de maio, os establecementos turísticos galegos recibiron 1,9 millóns de viaxeiros nos cinco primeiros meses do ano

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, eloxiou hoxe as iniciativas turísticas que xorden en Galicia como xeradoras de riqueza e que fan que a nosa comunidade “siga sendo un sitio de moda durante os doce meses do ano”.

Así o resaltou esta tarde en Sanxenxo, no acto de presentación do Proxecto Tintilán, una iniciativa levada a cabo polos emprendedores Beatriz Castro e Antonio Luaña que consiste no primeiro bus turístico que percorrerá a comarca do Salnés. Está previsto que faga un percorrido de 114 km con 28 paradas, pasando por dez municipios distintos, co obxectivo de achegar aos visitantes aos sitios máis destacados da zona. Afirmou que Sanxenxo “é o buque insignia de moitas cousas que sabemos facer moi ben”.

Na súa intervención, a presidente do Executivo galego destacou este proxecto como un exemplo do tipo de turismo de calidade e sustentable que se busca para a comunidade, e que tanta importancia ten como elemento dinamizador nos concellos nos que se desenvolve. “Ofrecer alternativas novidosas, que apeteza probar, é o que nos está consolidando como un destino turístico de primeiro nivel”, salientou.

Neste sentido, Rueda manifestou a alegría polo avance do turismo neste 2024, xa que, segundo os últimos datos feitos públicos polo INE, os hoteis rexistraron cifras históricas en maio e un incremento da súa rendibilidade de máis do 7 % nos cinco primeiros meses do ano. Ademais, a falta dos últimos datos do mes de maio, os establecementos turísticos recibiron 1,9 millóns de viaxeiros, que colocan a Galicia como a terceira comunidade onde máis creceu a demanda nese mes.

Por último, o mandatario galego deu os parabéns aos promotores do proxecto e animou aos visitantes nacionais e internacionais a desfrutar este verán dun turismo san e único en Galicia, pero tamén a facelo nos restantes meses do ano: “O turismo en Galicia pode seguir medrando, con sentidiño e de xeito sustentable, e pode ser unha enorme riqueza para Galicia”, concluíu Rueda.

Relacionadas

Xosé Merelles participa na gala do 25 Aniversario do Hotel Oca Puerta del Camino

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu esta tarde aos actos de celebración do 25 Aniversario do Hotel Oca Puerta del Camino,...

A I Liga Xunta de Galicia de Hip Hop decídese no Porriño este sábado...

0
●       A última proba do circuíto de catro ten lugar no Porriño, de onde sairán os campións e campioas galegos.●       A competición terá lugar...

A Xunta adquire 22 parcelas nas Fragas do Eume e eleva en case 12...

0
As fincas repártense entre os concellos de Monfero, A Capela e Cabanas e elevan o espazo non adscrito a propietarios privados a arredor de...

Xosé Merelles enxalza o atractivo turístico internacional da Romaría Vikinga de Catoira que se...

0
Na presentación da nova edición da festa referiuse tamén á importancia do proxecto de mellora nas Torres que se inclúe no marco do Plan...

Establecementos de aloxamento e axencias de viaxe poderán adherirse desde mañá sábado á nova...

0
www.bonoturismo.gal, tal e como se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os detalles da nova campaña do...

Lete destaca a aposta da Xunta polo pádell e as súas infraestruturas, que conseguer...

0
_Dende 2009, a Federación Galega de Pádel pasou de ser a vixésimo novena federación galega en número de licenzas con 1.482 a ser hoxe...

Publicacións Relacionadas