Home Xunta de Galicia Rueda reitera o apoio da Xunta aos 295 concellos adheridos a Sogama...

Rueda reitera o apoio da Xunta aos 295 concellos adheridos a Sogama ao asumir o 60% da actualización do canon no vindeiro ano

- Anuncio -

 Anuncia que a Xunta se reunirá a semana que vén coa Fegamp para explicarlle como se realizará esa transferencia de fondos


 Pon en valor a rede de infraestruturas de valorización da materia orgánica posta en marcha pola Xunta que inclúe 4 plantas de biorresiduos e 13 plantas de transferencia de apoio, entre as que se inclúe a da Lama

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou hoxe o compromiso do Goberno galego de asumir o vindeiro ano o 60% da actualización do canon que cobra Sogama aos 295 concellos adheridos ao seu modelo, co obxectivo de paliar o impacto nas súas contas provocado polos novos impostos e as bonificacións eliminadas polo Goberno central.

“A Xunta de Galicia estará unha vez máis cos concellos”, sinalou o presidente do Executivo autonómico, quen lembrou que a adhesión a Sogama é voluntaria e que o sistema “segue sendo dos máis baratos de España e dos que mellor funcionan”, sendo con diferenza o máis barato de Galicia.

Dos 42 €/Tm que se prevé que aumente o canon, a Administración autonómica asumirá 24 €/Tm, transferindo eses fondos aos concellos. Neste sentido, Rueda anunciou que a Xunta se reunirá a semana que vén coa Fegamp para explicar a operativa.

Así o indicou, acompañado pola titular de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante unha visita á planta de transferencia de residuos da Lama, que leva nove meses operativa e presta servizo aos concellos da Lama, Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes e Ponte Caldelas. A Xunta investiu máis de 1,8 millóns de euros nesta instalación que ten capacidade para tratar máis de 8.600 toneladas de residuos ao ano.

Rueda fixo fincapé no traballo conxunto entre a Xunta e os concellos para acadar unha xestión responsable dos residuos e avogou por consolidar no futuro esa colaboración. “Seguimos traballando para que esa Galicia bonita tamén no medio ambiente sexa cada vez unha realidade máis forte”, apuntou.

Na súa intervención, o máximo responsable do Goberno galego puxo en valor a rede de infraestruturas de valorización da materia orgánica posta en marcha polo Executivo autonómico. Esta inclúe 17 instalacións en total: 4 plantas de biorresiduos (Cervo, Cerceda, Verín e Vilanova de Arousa) e 13 plantas de transferencia de apoio, entre as que se inclúe a da Lama.

Relacionadas

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar...

0
— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como...

0
o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

Publicacións Relacionadas