HomeXunta de GaliciaSantiago acollerá este ano a Concentración Internacional de Policías Motoristas con motivo...

Santiago acollerá este ano a Concentración Internacional de Policías Motoristas con motivo do Xacobeo 21-22

- Anuncio -spot_img

• O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal, mantiveron esta mañá unha reunión sobre este evento con representantes da Asociación Internacional de Policía (IPA) en Galicia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal, reuníronse hoxe con representantes da delegación da Asociación Internacional de Policía (IPA) en Galicia para abordar a organización da Concentración Internacional anual de Policías Motoristas que este ano se celebrará do 9 ao 11 de xuño con motivo do Xacobeo 21-22.

Nesta concentración participarán uns 200 axentes dos distintos corpos e forzas de seguridade -Policía Nacional, Policía Autonómica, Policía Local e Garda Civil- de toda España e Portugal que peregrinarán neste Ano Santo en moto a Santiago no marco dun programa de actividades lúdicas e culturais co obxectivo de fomentar a convivencia. Chegarán o día 11 a Santiago de Compostela para realizar a ofrenda ao Apóstolo e tamén visitarán Sada, Cambre, A Coruña e Cerceda.

A Xunta apoia este evento que ademais, como sinalou o director xeral de Emerxencias e Interior, permite tamén dar a coñecer o turismo e a gastronomía de Galicia, en concreto, a cidade de Santiago como meta de todos os Camiños, onde están a chegar cada día milleiros de peregrinos neste Xacobeo con cifras récord no que vai de ano.

Publicacións Relacionadas