HomeA CoruñaTrasladada ao CHUS unha persoa tras quedarlle unha man atrapada nunha máquina...

Trasladada ao CHUS unha persoa tras quedarlle unha man atrapada nunha máquina no polígono de Espiñeira, no concello de Boiro

- Anuncio -spot_img

Os bombeiros do parque provincial de Boiro foron solicitados esta tarde no polígono de Espiñeira, no Concello de Boiro, despois de que a unha persoa lle quedase a man atrapada nunha máquina.

Xa no lugar dos feitos foron comunicados de que os mecánicos da empresa liberaran a man da vítima, polo que os bombeiros procederon á inmobilización da extremidade cunha vendaxe compresiva. Tras isto, a persoa foi trasladada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago nun helicóptero medicalizado.

Interviñeron a Policía Local, Garda Civil, Protección Civil, o 061 e médicos do PAC.

Publicacións Relacionadas