Home A Coruña Trenor anuncia un investimento de máis de 339.000 euros para a renovación...

Trenor anuncia un investimento de máis de 339.000 euros para a renovación da cuberta, as fiestras e a cuberta da marquesiña no IES Virxe do Mar de Noia

- Anuncio -

O delegado da Xunta asegurou que todas estas as actuacións teñen como obxectivo adaptar os centros educativos de toda a xeografía galega de acordo cos novos retos tecnolóxicos e ambientais facéndoos máis confortables, seguros e sostibles

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, visitou o IES Virxe do Mar, para anunciar un investimento de máis de 339.000 euros para levar a cabo a renovación da cuberta, das fiestras e da cubrición da marquesiña que conecta os dous edificios.

O representante do Goberno autonómico puntualizou que con este tipo de actuacións o Goberno autonómico está a traballar para transformar e adaptar os centros educativos de toda a xeografía galega de acordo cos novos retos tecnolóxicos e ambientais “facéndoos máis confortables, seguros e sostibles”. Neste senso, engadiu que, “dende a Xunta seguimos reforzando a nosa aposta pola educación pública de calidade impulsando distintas melloras nos centros educativos dos concellos con obras de maior ou menor envergadura, de mantemento e conservación ou dirixidas a garantir unhas instalacións axeitadas e dotadas con todos os medios necesarios”.

Con respecto á obra prevista consistirá na aplicación dun morteiro de cal na fachada leste que protexa os muros dos axentes atmosféricos ademais da aplicación dun revogo de cal hidráulico nas zonas deterioradas dos zócalos de morteiro. Procederase a eliminar a pintura existente nas restantes fachadas aplicando posteriormente unha pintura ao silicato. Está prevista tamén a substitución das xanelas de aluminio por unhas novas de madeira laminada de castiñeiro con sistema de apertura oscilobatiente.
Na cuberta está prevista á protección do remate do frontón da fachada principal con ferro de chumbo para evitar a filtración de auga a través das xuntas dos perpiaños cara ao interior do edificio. O proxecto tamén contempla a substitución de material de cubrición da marquesiña que conecta as dúas edificacións do complexo

Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

Tal e como sinalou o representante do Goberno autónomico, estas actuacións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está a modernizar os centros de ensino e converténdoos en instalacións máis eficientes e sustentables, así como axustadas ás necesidades da educación do século XXI, máis dixitalizadas, con espazos funcionais, amplos e flexibles, mobiliario con rodas, etc. Dotado cun orzamento de 191M€, a través deste plan prevese renovar catro de cada 10 centros educativos.

Esta actuación conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no programa operativo FEDER Galicia 2014-2020

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

Publicacións Relacionadas