Free Porn
xbporn
Home A Coruña Trenor anuncia unha nova obra de case 1M€ no CEIP Mar de...

Trenor anuncia unha nova obra de case 1M€ no CEIP Mar de Fóra de Fisterra que eleva o investimento comprometido pola Xunta na comarca de Bergantiños Costa da Morte a 4,7M€

- Anuncio -

 O investimento previsto neste centro é de case un millón de euros para levar a cabo obras de ampliación para contar cun ximnasio e outras melloras no edificio principal

 Trenor destaca que estas actuacións mellorarán o día a día da comunidade educativa, con centros con maior confort térmico e máis accesibles

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, anunciou hoxe a licitación dunha nova actuación no CEIP Mar de Fóra de Fisterra de case un millón de euros, o que eleva o investimento comprometido pola Xunta de Galicia na comarca de Bergantiños-Costa da Morte a máis de 4,7M€ entre grandes obras, obras menores e a instalación de placas fotovoltaicas.

A finalidade do novo proxecto é, por unha banda, levar a cabo unha ampliación para contar cun espazo destinado a ximnasio. Para iso, proxéctase unha edificación en planta baixa, exenta do edificio principal, conectada ao edificio principal mediante unha pasarela cuberta que se conectará co soportal. A nova edificación dispoñerá dunha volumetría comedida e duns materiais acordes coa contorna. Neste sentido, a cuberta integrarase coas cubertas actuais do centro e da contorna construída, en tella vermella, mediante un panel sándwich.

A actuación tamén contempla no edificio principal a reforma dos vestiarios situados na planta baixa. Para iso, sumarase á superficie dos vestiarios existentes o espazo ocupado polo almacén e o AMPA, practicamente en desuso.

Ademais, levarase a cabo a substitución das carpinterías exteriores, a substitución da cuberta de policarbonato dos soportais, a construción dunha rampla accesible que conecte os dous niveis da parcela e a substitución do peche de parcela que dá á rúa Alcalde Fernández. O prazo de execución das obras é de nove meses.

Trenor sinalou que, con esta nova ampliación, o seu departamento está a atender as necesidades educativas deste concello, e dando unha solución ao incremento de demanda rexistrada nos últimos anos neste centro escolar.

O representante do Goberno galego destacou que todas estas obras se enmarcan no Plan de Nova Arquitectura, a folla de ruta da Xunta para a modernización dos centros, e teñen como obxectivo mellorar o día a día dos membros da comunidade educativa, acadando centros con maior confort térmico e máis accesibles, entre outros beneficios.

“Estes investimentos son un exemplo do compromiso da Xunta cunha educación pública de calidade que inclúe a mellora das instalacións coa fin de garantir que os escolares dispoñan duns espazos confortables, seguros e accesibles nos que desenvolver a súa aprendizaxe”, recalcou o delegado.

Obras centros educativos Bergantiños-Costa Morte
Esta nova intervención súmanse ás que o Goberno galego está executando en toda a comarca. Concretamente, a Xunta de Galicia está a investir case 4,7 millóns de euros en 31 actuacións que inclúen 13 grandes obras en Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Coristanco, A Laracha, Laxe, Ponteceso e Fisterra, a instalación de placas fotovoltaicas en centros educativos de Carballo e Cee e 17 obras menores en 13 colexios e institutos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte.

GRANDES OBRAS

CONCELLOCENTROTIPO DE OBRAIMPORTE
CABANA DE BERGANTIÑOSCPI AS REVOLTASMELLORAS SECTORIAIS. CUBERTAS METÁLICAS, ILLAMENTO EN PARTE DAS FACHADAS E PARTE DAS FIESTRAS677.210,56 €
CAMARIÑASCEIP O AREALINSTALACIÓN DE ASCENSOR71.383,04 €
CARBALLOIES ALFREDO BRAÑASMELLORAS SECTORIAIS. REFORMA DE SALÓN DE ACTOS276.192,54 €
CARBALLOCEIP DE NÉTOMA-RAZOMELLORAS SECTORIAIS. CAMBIO DE CUBERTA197.320,20 €
CARBALLOIES MONTE NEMEBIOMASA412.111,21 €
CEECEIP PLURILINGÜE EUGENIO LÓPEZMELLORAS SECTORIAIS. FIESTRAS E ILLAMENTO TÉRMICO535.915,91 €
CORISTANCOCPI ALCALDE XOSÉ PICHELREHABILITACIÓN INTEGRAL621.093,00 €
CORISTANCOCEIP DE BORMOIO-AGUALADAASCENSOR58.854,47 €
LARACHA, A                     CEIP ALFREDO BRAÑAS   MELLORAS SECTORIAIS. SUBSTITUCIÓN DE FIESTRAS E ILLAMENTO TÉRMICO219.184,22 €
LAXECPI PLURILINGÜE CABO DA AREAMELLORAS SECTORIAIS . FIESTRAS DO EDIFICIO DE PRIMARIA,ILLAMENTO, CANLÓNS E BAIXANTES E OUTROS420.219,69 €
PONTECESOCEIP EDUARDO PONDALMELLORAS SECTORIAIS. ACONDICIONAMENTO ANTIGA PISCINA (FIESTRAS, FALSO TEITO, RECHEOS, INSTALACIÓNS, ETC)108.974,85 €
PONTECESOIES EDUARDO PONDALASCENSOR72.561,07 €
FISTERRACEIP MAR DE FORAOBRAS DE AMPLIACIÓN E OUTRAS MELLORAS905.849 €
134.576.869 €

OBRAS MENORES

CONCELLOTIPO CENTRONOME CENTROINTERVENCIÓN IMPORTE 
CAMARIÑASCEIPO AREALCAMBIO DE CALDERA DE CALEFACCIÓN    10.656,47 €
CARBALLOCEIPDE GÁNDARA-SOFÁNCAMBIO DE CARPINTERÍA DE VENTANAS (RESTO)    30.000,00 €
CARBALLOCEIPFOGARREPARACIÓN DE GRIETA EN PARED AULA     2.117,50 €
CEEIESFERNANDO BLANCOREPARACIÓN DE ELEMENTOS DE BALCÓN PRINCIPAL Y CAMBIO DE BANDERAS    13.160,69 €
CORCUBIÓNCEIPPRAIA DE QUENXERECOLOCACIÓN DE REMATE LATERAL DE CUBIERTA POR TEMPORAL     2.214,30 €
CORISTANCOCEIPCANOSA-RUSREPARACIÓN DE PÉRDIDA DE ACEITE DE TRANSFORMADOR       853,05 €
CORISTANCOCPIALCALDE XOSÉ PICHELREPARACIONES EN CUBRICIÓN DE PISTA     9.159,70 €
CORISTANCOCPIALCALDE XOSÉ PICHELREPARACION DE CAÍDA DE CASCOTES EN PISTA CUBIERTA Y ANCLAJE DE VIGUETAS     9.503,82 €
FISTERRACEIPMAR DE FÓRACAMBIO DE PUERTA PEATONAL DE ENTRADA     2.976,60 €
FISTERRAIESFIN DO CAMIÑOREVISIÓN DE REPARACIÓN DE CUBIERTA     3.000,00 €
FISTERRAIESFIN DO CAMIÑOREPARACIÓN DE CARPINTERÍA POR HUMEDADES     7.255,16 €
LAXECPICABO DA AREACAMBIO DE REMATES DE CUBIERTA DE CASETÓN DE ASCENSOR     1.694,00 €
PONTECESOCEIPAS FORCADASREPARACIÓN DE CUBIERTA POR TEMPORAL     1.318,90 €
PONTECESOIESEDUARDO PONDALREPARACIÓN DE CERRAMIENTO DE TESTERO DE PABELLÓN (LICENCIA)     1.410,84 €
PONTECESOIESEDUARDO PONDALREPARACIÓN DE CERRAMIENTO DE TESTERO DE PABELLÓN    48.368,54 €
PONTECESOIESEDUARDO PONDALREPARACIÓN DE CERRAMIENTO DE TESTERO DE PABELLÓN (CSS)       762,95 €
ZASIESMAXIMINO ROMERO DE LEMAREPARACIÓN DE CUMBRERA EN LA CUBIERTA DEL PATIO DAÑADA POR TEMPORAL       738,10 €
17                         145.190,62 €

PLACA FOTOVOLTAICAS

CONCELLOCENTRO IMPORTE
CARBALLOIES MONTE NEME  27.827,71 €
CEEIES FERNANDO BLANCO  28.056,91 €
2  55.884,62 €

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

Publicacións Relacionadas