Home A Coruña Trenor clausura o Obradoiro de Porto do Son-Ribeira e anima ao seu...

Trenor clausura o Obradoiro de Porto do Son-Ribeira e anima ao seu alumnado a aproveitar estes nove meses de formación para atopar un emprego

- Anuncio -

— O delegado da Xunta destacou que na área do Barbanza se impartiron 4 obradoiros nos que se cualificou a 76 desempregados en ámbitos con gran demanda de emprego

— O representante do Goberno galego subliñou que os programas formativos da Xunta están orientados a cubrir as demandas reais das empresas nas contornas, o que permite unha posterior integración laboral máis alta

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou, esta mañá, na clausura do obradoiro de emprego de Porto do Son compartido con Ribeira. Estes programa contou cun apoio da Xunta de 346.000 euros financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Trenor explicou a gran utilidade deste tipo de formación porque, ademais de mellorar as capacidades para que os desempregados atopen un emprego, compleméntase con traballos nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna. Estes cursos de formación céntranse tamén en áreas con alta demanda de emprego, neste caso concreto en Pintura industrial en Construcción e en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes

Trenor destacou o compromiso dos concellos de Porto do Son e Ribeira coa empregabilidade porque levan anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e conseguen importantes niveis de éxito nos diferentes programas de cualificación que afrontan.

O delegado da Xunta apuntou que “unha das apostas máis importantes da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade son os programas formativos que, cada vez máis, están orientados a cubrir as demandas reais das empresas das contornas, o que permite unha posterior integración laboral máis alta”. Ademais, engadiu que “outra das apostas importantes é complementar a formación con prácticas en empresas para garantir unha inserción real e duradeira no tempo”.

Entre as accións máis importantes da Xunta, que se desenvolven na contorna desta comarca, destacan as Accións Formativas para Desempregados (AFD), que este ano contarán con 28 cursos nesta área e cun investimento de mais de 900.000 euros e os Obradoiros de Emprego, para os que o Goberno galego reserva 1,4 millóns de euros para a apoiar a celebración de 5 talleres de formación que se unen aos 3 Programas Integrados de Emprego que supoñen un investimento total de máis de 500.000 euros.

Neste senso, Trenor lembrou que en total a Xunta investirá na comarca do Barbanza máis de 2,8 millóns de euros nestes tres plans de emprego que permitirán a celebración de 35 cursos de formación para desempregados e a formación de case 800 alumnas e alumnos desempregados.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas