Home A Coruña Trenor destaca que 7 concellos de Bergantiños-Costa da Morte recibirán máis de...

Trenor destaca que 7 concellos de Bergantiños-Costa da Morte recibirán máis de 337.000€ para a mellora de instalacións e material deportivo

- Anuncio -

― O delegado da Xunta e o alcalde da Laracha visitaron a piscina municipal na que a Xunta investirá máis de 50.000 euros entre o 2023 e 2024 para a reparación de varios elementos neste edificio

― Trenor informou que perante o éxito desta convocatoria que provocou que 22 solicitudes de entidades municipais foran desestimadas por esgotamento de crédito, a Xunta decidiu sacar unha nova convocatoria de 2 millóns de euros para poder cubrir estas e outras novas peticións que será publicada nas vindeiras datas

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel López, visitou hoxe a piscina municipal para anunciar un investimento de 50.000 euros para levar a cabo a reparación de varios elementos neste edificio. Trenor informou que esta axuda encádrase dentro dunha nova orde de axudas subvencións dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable. En total na comarca de Bergantiños-Costa da Morte foron 7 os concellos beneficiados algunha das dúas liñas -instalacións ou equipamentos- ou con ambas as dúas por un importe de máis de 337.000 euros,
O importe total destas axudas ascende en Galicia a preto de seis millóns de euros (5.822.492 euros), dos que 3,4 millóns serán sufragados neste 2023 e os 2,4 restantes en 2024. Do orzamento total, 5 millóns de euros van destinados á liña I -instalacións deportivas- e os restantes 800.000 euros á liña II -material deportivo-.
Trenor informou que o importe das subvencións serán o 80% do investimento subvencionable, ata o límite de 50.000 euros na Liña I -instalacións- e 10.000 euros na Liña II -material-. A porcentaxe restante será achegada pola entidade beneficiaria.
Perante o éxito desta convocatoria que provocou que 22 solicitudes de entidades municipais foran desestimadas por esgotamento de crédito (todas elas na liña I de instalacións deportivas), a Xunta decidiu sacar unha nova convocatoria de 2 millóns de euros para poder cubrir estas e outras novas peticións que rematou o seu prazo de solicitude o pasado 10 de setembro.
Deste xeito, a Xunta de Galicia sacará neste 2023 tres novas ordes plurianuais para instalacións deportivas. Ademais desta primeira orde para concellos de 6 millóns de euros e a segunda, que terá un orzamento de 2 millóns de euros; tamén cómpre destacar a orde para as instalacións de entidades deportivas cun orzamento de preto de 1,3 millóns de euros (sendo executados neste 2023, 600.000 euros). Con todo, o Goberno galego destina neste 2023 preto de 22 millóns de euros para a construción e mellora de instalacións deportivas, o que representa o 50% de todo o orzamento histórico da Secretaría Xeral para o Deporte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que neste exercicio acada máis de 44 millóns de euros.
A provincia máis beneficiada por este nova orde foi A Coruña con 87 axudas para 53 concellos;

AXUDAS COMARCA BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

LIÑA I
SOLICITANTEDESCRICIÓN DA ACTUACIÓNORZAMENTO DA ACTUACIÓNAXUDA CONCEDIDA 2023AXUDA CONCEDIDA 2024TOTAL AXUDA
 CORCUBIÓNOBRAS DE MELLORA NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL61.907,75 €29.131,31 €20.394,89 €49.526,20 €
 DUMBRÍAMELLORA ACÚSTICA EN PAVILLÓN POLIDEPORTIVO62.487,59 €29.404,16 €20.585,91 €49.990,07 €
 ZASREFORMA DE INSTALAC. DEPORTIVAS EN ZAS. PISTA MULTIDEPORTIVA….68.508,85 €29.410,00 €20.590,00 €50.000,00 €
 CEERENOVACIÓN PISTA ATLETISMO. CAMPO FÚTBOL MUNICIPAL82.838,49 €29.410,00 €20.590,00 €50.000,00 €
 A LARACHAACTUACIÓN REPARACIÓN VARIOS ELEMENTOS PISCINA133.635,45 €29.410,00 €20.590,00 €50.000,00 €
 VIMIANZOACONDICIONAMENTO DE PISTA DE ADESTRAMENTO48.375,80 €22.763,72 €15.936,92 €38.700,64 €
TOTAL LIÑA I COSTA DA MORTE457.753,93 €169.529,19 €118.687,72 €288.216,91 €
LIÑA II
SOLICITANTEDESCRICIÓN DA ACTUACIÓNORZAMENTO DA ACTUACIÓNAXUDA CONCEDIDA 2023AXUDA CONCEDIDA 2024TOTAL AXUDA
 CORCUBIÓNADQUISICIÓN MATERIAL DEPORTIVO INVENTARIABLE11.768,62 €5.537,84 €3.877,05 €9.414,89 €
 ZASADQUISICIÓN EQUIPAMENTO DEPORTIVO CARDIOVASCULAR PARA XIMNASIO MUNICIPAL18.148,79 €5.882,00 €4.118,00 €10.000,00 €
 CEEADQUISICIÓN MATERIAL DEPORTIVO INVENTARIABLE12.454,61 €5.860,64 €4.103,05 €9.963,69 €
 VIMIANZOMATERIAL DEPORTIVO9.234,84 €4.345,55 €3.042,33 €7.387,88 €
 PONTECESOPROTECCIÓN COLUMNAS PAVILLÓNS2.798,19 €1.316,72 €921,84 €2.238,56 €
 A LARACHASUBMINISTRO EQUIPAMENTO MATERIAL PARA XIMNASIO46.881,19 €5.882,00 €4.118,00 €10.000,00 €
TOTAL LIÑA II COSTA DA MORTE101.286,24 €28.824,75 €20.180,27 €49.005,02 €
TOTAL COSTA DA MORTE559.040,17 €198.353,94 €138.867,99 €337.221,93 €

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas