HomeXunta de GaliciaTurismo de Galicia completa as obras en marcha na Illa de Ons...

Turismo de Galicia completa as obras en marcha na Illa de Ons coa mellora da accesibilidade á praia Area dos Cans

- Anuncio -spot_img
  • Vénse de licitar por preto de 330.000 euros a construción dunha nova pasarela que permitirá reducir a pendente e conseguir unha superficie estable de acceso
  • Enmárcase no proxecto en marcha por máis de 1,7M€ dentro do Plan Xacobeo Next Generation deseñado pola Xunta que inclúe a rehabilitación dunha decena de BICs

Turismo de Galicia vén de abrir a licitación para a construción dunha nova pasarela que mellorará a accesibilidade á praia da Area dos Cans, na Illa de Ons, no marco das obras que xa se están realizando na illa ao abeiro do Plan Xacobeo Next Generation deseñado pola Xunta con fondos europeos cofinanciados pola Unión Europea a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e que inclúe, entre outras medidas, a posta en valor e mellora de distintos BIC de titularidade pública.

En concreto, a licitación publicada prevé a construción dunha pasarela á praia Area dos Cans que respecte a orixinalidade pero que reduza a pendente ata o 6% para que se adapte  á recomendada pola Lei 8/1997 que regula a accesibilidade e supresión de barreiras en Galicia para percorridos peonís adaptados. En concreto vaise acondicionar o acceso e rehabilitar a pasarela existente, deteriorada polo paso do tempo ante a exposición aos axentes meteorolóxicos adversos, e facela máis accesible. Proponse un deseño de modo que a súa durabilidade sexa a maior posible, adecuándose ás necesidades reais dos visitantes e dos residentes, salvagardando e protexendo o punto de interese turístico, e deste xeito, poñer en valor a importancia do patrimonio histórico cultural.

Entre outras actuacións, a nova pasarela amplíase en todo o seu conxunto para pasar dos 1,4 m actuais a 1,8 m de ancho que esixe a normativa de accesibilidade para percorridos adaptados que é o que se pretende para a nova pasarela. As empresas teñen o 6 de outubro para presentar as súas ofertas e o prazo de execución da obra será de catro meses. Toda a información está dispoñible na Plataforma de Contratación.

Engádese ás obras en marcha de acondicionamento da illa de Ons, dentro do Plan Xacobeo Next Generation que inclúe a rehabilitación de varios BICs de titularidade pública. Nesta actuación, o orzamento ascende a 1,7M€ e inclúe mellora de espazos como o punto de chegada á illa na rúa principal, a mellora das sendas existentes, así como de infraestruturas básicas da illa como as instalacións eléctricas ou mellora da xestión de residuos, entre outras.

Publicacións Relacionadas