HomeXunta de GaliciaTurismo de Galicia concede case un cento de axudas a festas declaradas...

Turismo de Galicia concede case un cento de axudas a festas declaradas de Interese Turístico de Galicia

- Anuncio -spot_img
  • Beneficiaranse a totalidade e celebracións solicitantes, cada unha cunha achega máxima de 4.000€
  • Está previsto que as adxudicacións se publiquen proximamente no Diario Oficial de Galicia

Turismo de Galicia comezou este martes coa notificación ás entidades beneficiarias das subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia. Concedéronse un total de 99 axudas, cubríndose a totalidade das solicitudes. Cada unha ascende ata un máximo de 4.000€ e suman un total de case 396.000€.

Das 99 achegas concedidas, 28 pertencen á provincia de Pontevedra, 27 á da Coruña, 24 correspóndense con municipios localizados na provincia de Lugo e 20 a Ourense. Entre outras, subvencionaranse actuacións no ámbito da publicidade, produción e actuacións musicais e artísticas, adquisición de produto e merchandising.

Entre as Festas de interese galegas dotadas con estas axudas hai celebracións de entroidos, como os de Laza, Cobres, Vilariño de Conso ou os Xenerais do Ulla. Tamén festas enogastronómicas, como as da Lamprea Seca de Arbo, a do Percebe de Roncudo ou as dos viños do Ribeiro e do Condado do Tea.

As subvencións recoñecen romarías e outras feiras locais, como a Romaría Etnográfica Raigame ou a Feira Tradicional dos Remedios, así como outro número de celebracións, entre elas o Nadal do Belén Electrónico de Begonte, a Mostra do Encaixe de Camariñas ou a Pantin Classic Galicia Pro. Está previsto que as axudas se publiquen proximamente no Diario Oficial de Galicia.

Publicacións Relacionadas