O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo esta mañá unha reunión con responsables de Unión Hotelera Compostela, que lle trasladaron a necesidade de incentivar a promoción deste destino urbano para garantir a ocupación durante todo o ano, especialmente os meses de menor demanda fóra de tempada.
No marco das xuntanzas do director de Turismo con distintos axentes do sector, en concreto, con Unión Hotelera Compostela analizou os preparativos do Xacobeo 2027, así como a necesidade de seguir impulsando desde a Xunta distintas accións que incrementen a oferta complementaria para quen visita a capital de Galicia. Ademais, amosou o seu apoio para incrementar a promoción deste destino tanto a nivel nacional como internacional.



