Home Pontevedra Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar as...

Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora da depuradora de Comboa, en Soutomaior, cun investimento de 390.000€

- Anuncio -

― Os traballos, cun prazo de 4 meses, céntranse na modernización da planta de tratamento de augas residuais e na incorporación de sistemas de desodorización


― A intervención enmárcanse no convenio polo que Augas de Galicia financia as actuacións e o Concello pon á disposición os terreos necesarios e asume as obras rematadas


― A Xunta mantén o apoio aos concellos nas súas responsabilidades municipais de saneamento e depuración

Un total de 10 empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de mellora da depuradora municipal de Comboa, no concello de Soutomaior, cun investimento de 390.000 euros.

Esta intervención, cun prazo de execución de 4 meses, enmárcase no convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, e o Concello de Soutomaior para executar as obras de actualización da depuradora, substituíndo equipos e elementos obsoletos.

Segundo ese acordo, Augas de Galicia asume integramente o financiamento, a contratación e a execución das obras de renovación da estación depuradora, adaptándoa á nova normativa.

Pola súa banda, o Concello de Soutomaior debe pór á disposición os terreos necesarios para executar as obras, tramitar as autorizacións precisas para posibilitar a súa realización e asumir, posteriormente, as actuacións que se leven a cabo.

As actuacións serán cofinanciadas no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014/2020.

A depuradora de Comboa púxose en funcionamento no ano 2001. Trátase dunha infraestrutura con instalación fisicoquímica sen tratamento secundario, que na actualidade presenta problemas de xeración de olores e carece dun pozo de grosos previo.

As actuacións proxectadas teñen como obxectivo mellorar o estado das instalacións e incrementar o control sobre a explotación da depuradora, así como a activación de sistemas de desodorización, promovendo no seu conxunto un avance na calidade ambiental da zona.

Na actuación inclúese, ademais, a retirada da cuberta actual e a instalación dunha nova da mesma tipoloxía, a montaxe de equipo de aire acondicionado en sala de control, a colocación dun silo de lodos na zona de entrada á depuradora de 10 m3, así como electricidade e iluminación.

Para seguir progresando nas accións de saneamento da ría, a Xunta avanza na contratación das obras para implantar tratamento biolóxico na depuradora de Vilaboa, que suporán un investimento autonómico de 720.000 €.

Augas de Galicia continúa, ademais, coa redacción do proxecto para executar unha nova depuradora en Arcade, que suporá un investimento de 2 M€ e para a que o Concello de Soutomaior deberá poñer os terreos á disposición.

O departamento que preside Ethel Vázquez presta con estas actuacións apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan exercer as súas responsabilidades dun xeito eficiente e continuar mellorando a calidade da auga e a calidade de vida da poboación galega.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

Publicacións Relacionadas